Saltar ao contido

Marie Fredriksson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarie Fredriksson

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Gun-Marie Fredriksson Editar o valor en Wikidata
30 de maio de 1958 Editar o valor en Wikidata
Össjö, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 2019 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Djursholm, Suecia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de cerebro
cancro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, música pop e música popular Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, artista discográfico, pianista, compositora de cancións, compositora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Roxette (1986–2019)
Strul (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalPer Gessle: Roxette Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMikael Bolyos (1994–2019) Editar o valor en Wikidata
PaisCharles Gösta Fredriksson Editar o valor en Wikidata  e Inez Dagmar Fredriksson Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnna-Lisa Fredriksson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, enllaç URL,
Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) Traducir, lang: lingua sueca, lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Páxina webmariefredriksson.se Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0293028 Rottentomatoes: celebrity/marie_fredriksson Allmovie: p213051
Facebook: Marie.Fredriksson.official BNE: XX6076431 Souncloud: marie-fredriksson-official Spotify: 4YkPXMsmFf3K2XFHPddqFU iTunes: 14561806 Last fm: Marie+Fredriksson Musicbrainz: 3a0373c0-f9c1-4eb3-9c10-53cc18193b07 Songkick: 412035 Discogs: 281602 Allmusic: mn0000938399 WikiTree: Fredriksson-166 Deezer: 241908 Genius: Marie-fredriksson Editar o valor en Wikidata

Gun-Marie Fredriksson, máis coñecida como Marie Fredriksson, nada o 30 de maio de 1958 en Östra-Ljungby e finada o 9 de decembro de 2019,[1] foi unha cantante e compositora sueca. Era mundialmente coñecida por ser a voz feminina do exitoso dúo sueco de pop Roxette, xunto a Per Gessle. Antes de formar parte do grupo, xa tiña unha consolidada carreira como solista no seu país natal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende moi nova estivo relacionada co mundo da música. Na súa xuventude, formou dúas bandas en Suecia: Strul e Mamas Barn. Pero o recoñecemento no seu país chegaría máis tarde, cando se adicou por completo á súa carreira coma solista.

O seu primeiro álbum, Het Vind, foi un grande éxito en 1984, e posteriormente o seu segundo traballo, Den Sjunde Vågen, consagrouna como unha artista de sona en Suecia. En 1986 comezou a súa etapa en Roxette pero, ao non estar totalmente segura do éxito deste proxecto, decidiu continuar paralelamente coa súa carreira en solitario, e en 1987 editou o seu terceiro álbum, Efter Stormen. Porén, Roxette comezaba por aquel tempo a tomar forma; en 1989 o single "Sparvöga" representou o seu último éxito como solista na década dos 80. Esta balada foi un grande éxito en Suecia pero o éxito de Roxette e as xiras internacionais tivérona afastada da súa carreira de solista, ata que en 1992 regresou co álbum Den Standiga Resan, que foi un grande éxito de vendas en comparanza cos seus traballos anteriores e levouna a unha xira por toda Suecia.

Nos anos seguintes, Marie regresou en varias ocasións con novos traballos. En 1996 co álbum I En Tid Som Vår logrou novamente unhas boas cifras de vendas e tres singles de éxito. No ano 2000, editou un recompilatorio cos seus mellores temas, Äntligen - Bästa 1984-2000. O álbum incluía dous novos sinxelos: "Det Som Var Nu", unha profunda balada cantada a dúo con Patrik Isaksson, e "Äntligen", un tema alegre que daba nome ao álbum. Con este recompilatorio conseguiu vender máis de 300.000 exemplares en Suecia e realizou unha xira con máis de 100.000 asistentes aos seus concertos.

Operación cirúrxica e recuperación

[editar | editar a fonte]

No ano 2002 apareceu no mercado unha caixa que incluía os cinco álbums de estudio de Marie gravados entre 1984 e 1996 xunto cun álbum cos seus mellores temas en directo da xira Äntligen 2000. En setembro dese mesmo ano, Marie tiña proxectado embarcarse xunto co seu compañeiro de Roxette, Per Gessle, nunha serie de concertos sinfónicos, pero os seus plans víronse truncados. Horas antes de conceder unha conferencia de prensa, a cantante sufriu un vaído na súa casa, e tras a súa hospitalización foille diagnosticado un tumor cerebral do que tivo que ser intervida.

Tras a operación a cantante tivo que ser sometida a un estrito tratamento coa fin de evitar outras formacións de cancro. Como consecuencia da operación perdeu a capacidade para ler e contar, tendo que aprender de novo. Durante dous anos ficou afastada da escena musical, adicándose por completo á súa familia e á súa recuperación. Durante este tempo escribiu e gravou un álbum, The Change, que reflicte as súas vivencias nesa época. The Change marcou o seu regreso pero tratouse dun traballo gravado en inglés, debutando así no mercado internacional. O álbum editouse en Suecia, Brasil e en varios países de Europa no ano 2004.

Últimos traballos

[editar | editar a fonte]

No ano 2006 EMI Svenska editou o álbum Min Bäste Vän, unha recompilación de versións dos temas folk suecos dos anos 70 favoritos de Marie. No ano 2007, a cantante regresou á escena musical, interpretando catro cancións no álbum debut do seu esposo, Michael Bolyos, A Famili Affair. Neste traballo incluíuse finalmente o tema "Hometown'", que orixinalmente fora gravado en 1996 para a banda sonora da película sueca Such is life (banda sonora que nunca saíu á venda).

O 28 de novembro de 2007, editouse unha nova recompilación dos seus traballos, Tid för tystnad, incluíndo as súas mellores baladas e dous temas novos: "Ordet är farväl" e "Ett bord i solen", que é a versión en sueco do tema "A Table in the Sun", incluído no disco The Change de 2004. O 8 de xullo de 2008, sorprendentemente o disco foi editado por EMI-Odeón Arxentina.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]