Processing
Processing | |
---|---|
Pantalla IDE de Processing | |
Desenvolvedor(es) | processing.org |
Última versión | 1.5.1 (15 de maio de 2011) |
Repositorio | github |
Sistema operativo | Windows, Linux e Mac |
Tipo | IDE |
Licenza | GPL, LGPL |
Sitio web | processing.org |
Processing é unha linguaxe de programación aberta cun contorno de desenvolvemento integrado (IDE) para empregar en electrónica e comunidades de deseño visual coa intención de ensinar os fundamentos da programación nun contexto visual e para servir como base para a creación electrónica. O proxecto iniciouse en 2001 por Casey Reas e Benjamin Fry, os dous pertencentes ao Aesthetics and Computation Group do MIT Media Lab dirixido por John Maeda. Un dos obxectivos declarados de Processing é o de actuar como unha ferramenta para que os non programadores comenzaran a programar, a través da mostra gráfica instantánea e visual da información. A linguaxe baséase en Java pero emprega unha sintaxe simplificada e un modelo de programación de gráficos.
Características
[editar | editar a fonte]Procesing inclúe unha fiestra visual, que ven a ser un complemento ao contorno de desenvolvemento integrado (IDE) para organizar os proxectos.
Cada esquema de Processing é na realidade unha subclase de PApplet un tipo Java que pon en funcionamento a maior parte das características da linguaxe de Processing.
Ao programar en Processing, tódalas clases adicionais definidoa serán tratadas como clases internas cando o código tradúcese en puro Java antes de compilar. Isto significa que o uso de variables estáticas e métodos das clases está prohibido a menos que se lle diga explicitamente a Processing que quere o código en modo puro Java.
Processing tamén permite aos usuarios crear as súas propias clases PApplet na fiestra. Isto permite que os tipos de datos complexos poidan incluír calquera número de argumentos e evita as limitacións de inicamente o uso de tipos de datos estándar como int (entero), char (caracteres), float (número real) o a cor (RGB, hexadecimal ARGB).
Exemplos
[editar | editar a fonte]Hello World
[editar | editar a fonte]En Java como comando
println("Hello World!");
Programa Hello World in Processing, o seguinte códico é un examplo de como é a linguaxe de programación:
void setup() {
// define a fiestra tamaño e permite anti-aliasing
size(200, 200);
smooth();
// Establecer tipo de color, fonte, e aliñamento para renderizado do texto.
fill(0); // Contorna
// establecer a fonte (por defecto o sistema establece sans serif)
textFont(createFont("SansSerif",18));
textAlign(CENTER);
noLoop(); // escribeo() execútase só unha vez
}
void draw() {
// Amosar o texto na pantalla usando a fonte establecida previamente.
text("Hello World!", width/2, height/2);
}
Wiring, Arduino e Fritzing
[editar | editar a fonte]Processing deu lugar a outro proxecto, Wiring, que emprega o IDE de Processing cunha versión simplificada da linguaxe C++ como un xeito de ensinar aos artistas como programar microcontroladores. Na actualidade hai dous proxectos independentes de hardware, Wiring e Arduino, utilizando o contorno de Wiring e a súa linguaxe. O contorno Fritzing de software é outro da mesma clase, que axuda aos deseñadores e artistas a documentar os seus prototipos interactivos e a dar o paso na creación de prototipos físicos ao produto real.