Héctor Hernández Ortega
Héctor Hernández | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Héctor Hernández Ortega | ||
Nacemento | 23 de maio de 1991 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Valladolid | ||
Nacionalidade | España | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Pontevedra | ||
Carreira xuvenil | |||
2003–2008 | CD Victoria CF | ||
2008–2009 | CD Betis CF | ||
2009–2010 | Zaragoza | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2013 | Zaragoza B | 69 | (2) |
2013 | Zaragoza | 1 | (0) |
2013–2015 | Real Sociedad B | 42 | (2) |
2015–2018 | Real Sociedad | 17 | (0) |
2017 | → Granada (cedido) | 13 | (0) |
2017–2018 | → Alavés (cedido) | 1 | (0) |
2018–2019 | Tenerife | 15 | (0) |
2019–2020 | Numancia | 31 | (0) |
2020–2022 | Deportivo | 45 | (1) |
2023 | Rayo Majadahonda | 11 | (0) |
2024– | Pontevedra | 0 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 28 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Héctor Hernández Ortega, nado o 23 de maio de 1991 en Valladolid, é un futbolista español, que xoga de lateral esquerdo no Pontevedra, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Nacido en Valladolid, formouse na canteira do CD Victoria CF e logo na do CD Betis CF, ambos de Valladolid.[1]
Real Zaragoza (2010-2013)
[editar | editar a fonte]En 2009 ingresou no Real Zaragoza e xogou co seu filial, o Zaragoza B, entre as tempadas 2010/11 e 2012/13, as dúas últimas na Segunda División B.
O 23 de xaneiro de 2013 debutou co primeiro equipo zaragozano nos cuartos de final da Copa do Rei contra o Sevilla, saltando ao terreo do Sánchez Pizjuán no minuto 51 para substituír a Víctor Rodríguez. Menos de tres semanas despois debutou na Primeira División, entrando como titular no equipo de Manuel Jiménez fronte á Real Sociedad na Romareda. Con todo, foi expulsado aos 22 minutos, por dobre amarela tras dúas entradas sobre Carlos Vela, e o Zaragoza perdeu 1-2.[2]
Real Sociedad (2013-2018)
[editar | editar a fonte]O 30 de xuño de 2013 finalizou o seu contrato co Zaragoza e asinou coa Real Sociedad ata o 30 de xuño de 2014 para poñerse ás ordes de Asier Santana no equipo filial, o Sanse. Apenas tivo protagonismo no seu primeiro ano en Donostia, pero a situación mudou no segundo, no que disputou 35 encontros, case todos como titular.
En maio de 2015 renovou o seu contrato ata 2017 e pasou a formar parte do primeiro equipo da Real Sociedad.[3] Debutou ante o FC Barcelona no Camp Nou, substituíndo nos minutos finais a Imanol Agirretxe.[4]
En xuño de 2016 ampliou o contrato que o vencellaba ó club txuri urdin ata 2019.[4] En xaneiro de 2017 saíu cedido ao Granada de Lucas Alcaraz en busca de minutos.[5] Xogou 13 partidos sen poder evitar o descenso do equipo á Segunda división.[6] Na seguinte campaña, 2017/18 foi cedido de novo, esta vez ao Deportivo Alavés.[7] Con todo, co equipo vitoriano só xogou 15 minutos na primeira xornada, por mor dunha lesión no xeonllo que o mantivo o resto da tempada afastado dos terreos de xogo.[8]
Tenerife e Numancia (2018-2020)
[editar | editar a fonte]En agosto de 2018 desvinculouse da Real e fichou polo Tenerife, adestrado naquel entón por Joseba Etxeberria, e que militaba na Segunda división.[9] Co club canario contabilizou 16 encontros, 15 deles como titular.
Na tempada 2019/20 fichou polo Numancia, de Segunda División, co que actuou en 31 partidos, e co que sufriu un novo descenso.[10]
Deportivo da Coruña (2020-2022)
[editar | editar a fonte]O 12 de setembro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Deportivo da Coruña da Segunda División B.[11] Debutou no estadio Reina Sofía fronte ao Unionistas de Salamanca, marcando o gol da vitoria (1-0) cando só transcorreran 50 segundos de partido.[12] Un mes despois marcou o seu primeiro gol na Copa do Rei, no partido da primeira rolda contra o El Ejido, no que o seu equipo venceu por 1-0.[13] Disputou un total de 14 encontros na tempada, na que o Deportivo se clasificou para a primeira edición da Primeira División RFEF.
Na súa segunda campaña no club galego foi titular durante a maior parte dos encontros, disputando un total de 33 partidos, 31 deles saíndo de inicio. Foi titular nos dous partidos da promoción de ascenso, na que o Deportivo acabou caendo na prórroga da final contra o Albacete en Riazor.[14] Ao remate da tempada o club rescindiu o seu contrato, polo que pechou o seu paso pola Coruña cun total de 47 partidos e 2 goles.[15]
Rayo Majadahonda (2023)
[editar | editar a fonte]Trala súa saída do Deportivo estivo medio ano sen equipo, ata que no último día do mercado invernal da tempada 2022/23 anunciouse a súa fichaxe polo Rayo Majadahonda, de Primeira RFEF.[16] Disptuou 11 partidos co conxunto madrileño, 8 deles como titular.
Pontevedra (2024-)
[editar | editar a fonte]Despois dun ano sen equipo, en xuño de 2024 converteuse na primeira fichaxe do Pontevedra para a tempada 2024/25, na Segunda División RFEF.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Betis CF presume de cantera" (en castelán). 21 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Héctor no tuvo su debut soñado". Marca (en castelán). 11 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Elustondo, la cara de la cantera". Marca (en castelán). 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Héctor Hernández renueva hasta 2019". Cadena SER (en castelán). 17 de xuño de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Héctor Hernández: «En Granada voy a poder demostrar el jugador que soy»" (en castelán). 1 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Héctor abandona Granada bajo sospecha". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de maio de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Héctor Hernández jugará cedido en el Alavés" (en castelán). 11 de xuño de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Héctor Hernández: "Lo que he pasado no se lo recomiendo ni a mi peor enemigo"". Sport (en castelán). 21 de marzo de 2018. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "La Real se desvincula de Héctor Hernández, que ficha por el Tenerife". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de agosto de 2018. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "El CD Numancia ficha al lateral Héctor Hernández" (en castelán). 15 de xullo de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Héctor Hernández, novo xogador do Dépor 20·21". rcdeportivo.es/gal. 12 de setembro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2020.
- ↑ "Victoria express del Deportivo". As (en castelán). 1 de novembro de 2020. Consultado o 8 de novembro de 2020.
- ↑ Barreiros, Pedro (17 de decembro de 2020). "Un Dépor gris avanza en la Copa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2021.
- ↑ Barreiros, Pedro (2 de setembro de 2022). "1-2 A prórroga noquea ao Deportivo". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de xuño de 2022.
- ↑ "Héctor Hernández non continuará no RC Deportivo". 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Héctor Hernández ficha por el Rayo Majadahonda" (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 4 de febreiro de 2023.
- ↑ "O Pontevedra ficha o lateral Héctor Hernández". Diario de Pontevedra. 27 de xuño de 2024. Consultado o 28 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Nados en 1991
- Nados en Valladolid
- Futbolistas de Castela e León
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Real Zaragoza B
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores da Real Sociedad B
- Xogadores da Real Sociedad
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do CD Tenerife
- Xogadores do CD Numancia
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do CF Rayo Majadahonda
- Xogadores do Pontevedra CF