Saltar ao contido

Manolo Santana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManolo Santana

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Manuel Santana Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Manuel Martinez Santana Editar o valor en Wikidata
10 de maio de 1938 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Marbella, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMarbella Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista, adestrador de tenis Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 1977 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimadosen valor Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual 113–44 Editar o valor en Wikidata  5 Editar o valor en Wikidata 145 (1975)
Tenis dobres 20–22 Editar o valor en Wikidata valor descoñecido
Hall of fame Info HOF Editar o valor en Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
1958-1973  Equipe Espanhola de Copa Davis
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeClaudia Inés Rodríguez (2013–2021), divorcio
Mila Ximénez (1983–1986), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosBeatriz Santana
 () Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteManuel Santana, Influential Spanish Tennis Champion, Dies at 83 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0763329 BNE: XX1066286 WikiTree: Santana_Martínez-1 Editar o valor en Wikidata

Manuel Santana Martínez, coñecido como Manolo Santana, nado en Madrid o 10 de maio de 1938 e finado en Marbella o 11 de decembro de 2021, foi un tenista español. Considerado un dos primeiros grandes tenistas españois da historia, xunto a Andrés Gimeno, foi unha das figuras deportivas máis célebres do seu país no século XX. Conquistou catro torneos de Grand Slam en categoría individual e un en dobres.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de poucos recursos de Madrid. Seu pai Braulio era electricista e sindicalista e coa chegada do franquismo foi encarcerado durante seis anos.[1][2] Aos 10 anos, Manolo foi un día ao Club Velázquez de tenis a levarlle un bocadillo a seu irmán Braulio, que traballaba alí como recolledor de pelotas. Alí descubriu o tenis e pouco despois conseguiu que seu irmán o metese a traballar no club.[3] Aos 12 anos faleceu seu pai, só un par de anos despois de saír do cárcere, e os problemas económicos da familia empeoraron. Manolo foi entón apadriñado e acollido polos adiñeirados irmáns Álvaro e Aurora Romero Girón, que coñecera no club de tenis,[2] e que lle deron aloxamento e pagaron os seus estudos.[4]

Continuou xogando ao tenis e en 1955 proclamouse campión de España júnior, título que revalidou ao ano seguinte.[3] Entre 1956 e 1958 conquistou tres veces consecutivas a Copa Galea.[5] En 1958 gañou o primeiro dos seus oito títulos de campión de España absoluto (os outros conseguiunos nos anos 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1968 e 1969).[5]

Éxito mundial

[editar | editar a fonte]

En 1961 acadou a súa primeira final dun Grand Slam, no torneo de Roland Garros, despois de eliminar nas semifinais a Rod Laver. Na final conseguiu o seu primeiro gran título ao derrotar ao vixente campión, o italiano Nicola Pietrangeli en cinco sets.[6] Repetiu final do mesmo torneo en 1964, contra o mesmo rival, e gañou a súa segunda coroa ao derrotalo en catro sets.[7] Un ano antes proclamárase campión tamén en dobres, formando parella co australiano Roy Emerson.[8]

En agosto de 1965 liderou o equipo español na inesperada vitoria sobre os Estados Unidos na Copa Davis, converténdose nun heroe nacional e disparando o nivel de popularidade do tenis en España.[9] Unhas semanas despois conquistou o Aberto dos Estados Unidos, despois de eliminar nas semifinais ao estadounidense Arthur Ashe e derrotar na final ao surafricano Cliff Drysdale. Foi o primeiro europeo en gañar dito torneo en case dúas décadas, dende que o fixera o británico Fred Perry en 1936.[10] En decembro xogou polo título da Copa Davis contra o equipo defensor, Australia, caendo por 4-1.

Ao ano seguinte proclamouse campión do torneo de Wimbledon, superando na final en tres sets ao estadounidense Dennis Ralston.[11] Participou nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México, onde o tenis entrou como deporte de exhibición, e logrou o primeiro posto en individuais e o segundo en dobres (xunto a Juan Gisbert).[12]

A súa última gran vitoria foi no Trofeo Conde de Godó de Barcelona en 1970, onde gañou o título tanto en individual como en dobres. En individuais derrotou na final a Rod Laver, mentres que en dobres fixo parella con Lew Hoad e superou na final á dupla formada polo propio Laver e por Andrés Gimeno.[13] A continuación retirouse, con 32 anos de idade.[14]

Trala retirada

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada como tenista continuou vencellado ao tenis como adestrador e promotor. Foi capitán da selección española de Copa Davis en dúas ocasións, a primeira delas entre 1980 e 1985 e a segunda entre 1995 e 1999. Dirixiu o Masters de Madrid dende a súa creación ata 2019,[14] e en 1997 fundou en Marbella o club de tenis Manolo Santana Racquets Club.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En setembro de 1965 foi condecorado coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo do Concello da Coruña, xunto ao futbolista Luis Suárez.[15] Foi incluído no Salón da Fama do Tenis Internacional en 1984.[16] [17] En 2020 recibiu o Premio Philippe Chatrier da ITF pola súa contribución ao tenis, tanto dentro como fóra das pistas.[18]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa coruñesa María Fernanda González-Dopeso en 1963 e tivo con ela tres fillos: Manuel, Beatriz e Borja. Divorciáronse en 1980. Durante ese período tivo tamén unha filla fóra do matrimonio, Barbara Catherina.[19] En 1983 casou coa xornalista Mila Ximénez, coa que tivo a súa quinta e última filla, Alba. O matrimonio acabou de xeito problemático en 1986. En 1990 casou coa modelo sueca Otti Glanzielus, da que se divorciou en 2008.[19] En 2013, aos 75 anos, casou por cuarta vez, coa colombiana Claudia Inés Rodríguez.[19][20]

Faleceu en Marbella, onde vivía, o 11 de decembro de 2021, aos 83 anos de idade.[10]

  1. Abrahams, Gabe (9 de febreiro de 2022). "Manolo Santana, de una familia republicana a Wimbledon" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 ""La Duquesa de Kent tiraba para arriba y yo tiraba para abajo"". As (en castelán). 26 de setembro de 2008. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Barbotta, Héctor (11 de decembro de 2021). "Manolo santana, ex tenista y empresario deportivo: El campeón que buscó la suerte" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  4. "Manolo Santana: "Aún me veo buscando una propina en el Club Velázquez"". El Mundo (en castelán). 8 de maio de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "De Roland Garros a Wimbledon: Manolo Santana puso a España en el mapa del tenis mundial". RTVE (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  6. "Roland-Garros 1961 (Grand Slam) - Men singles" (PDF). Federación Francesa de Tenis (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2007. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  7. "Roland-Garros 1964 (Grand Slam) - Men singles" (PDF). Federación Francesa de Tenis (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de decembro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  8. "French Open men's doubles champions and runners-up". sport-histoire.fr (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  9. Serras, Manel (20 de xul. de 2000). "Historia de la única victoria". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 "Fallece Manolo Santana, pionero del tenis" (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  11. Mora, Froilán (11 de xuño de 2018). "Wimbledon 1966: el día que Santana cambió el tenis español para siempre". Marca (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  12. "Manuel Santana obituary". ATP Tour. 
  13. "Barcelona 1970". atptour.com (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  14. 14,0 14,1 "Biografía de Manolo Santana". tennis-masters-madrid.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2006. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  15. "Santana y Suárez, medallas de oro al mérito deportivo del ayuntamiento coruñés". La Noche (en castelán) (13664). 10 de setembro de 1965. p. 7. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  16. "Manolo Santana: Spanish tennis great dies aged 83" (en inglés). 12 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  17. "Santana y Suárez, medallas de oro al mérito deportivo del ayuntamiento coruñés". La Noche (en castelán). 10 de setembro de 1965. p. 7. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  18. "Santana and Stolle honoured with ITF Philippe Chatrier Award" (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Molina, Nacho (12 de decembro de 2021). "Así fue la vida amorosa de Manolo Santana más allá de Mila Ximénez". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  20. García, Belén (22 de xullo de 2013). "La cuarta boda de una leyenda" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]