Bobby Orr
Robert Gordon Orr, nado en Parry Sound o 20 de marzo de 1948 é un xogador de hóckey sobre xeo canadense retirado, recoñecido como un dos mellores de todos os tempos.[1] Orr empregaou a súa velocidade sobre os patíns e as habilidades para facer xogo para revolucionar a posición de defensa.[2] Xogou na National Hockey League (NHL) durante 12 temporadas, dez cos Boston Bruins, ás que seguiron dúas cos Chicago Black Hawks. Orr é o único defensa que gañou o título de liga con dous trofeos Art Ross. Mantén o récord de número de puntos e asistencias nunha única temporada por un defensa. Orr gañou oitos trofeos Norris como mellor defensa e tres trofeos Hart consecutivos como xogador máis valioso da liga. Orr foi incluído no Hockey Hall of Fame en 1979 con 31 anos, o máis novo incluído nese momento. En 2017 foi nomeado pola National Hockey League como un dos "100 mellores xogadores da NHL" na historia.[3] Trala súa carreira deportiva, foi cazatalentos para moitos equipos profesionais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orr comezou no hóckey organizado con oito anos.[4] Primeiro xogou como dianteiro, pero cambiouse á defensa e foi animado a que empregase as súas capacidades para a patinaxe para controlar o xogo. O seu xogo na competición provincial de Ontario atraeu a atención dos cazatalentos da NHL con doce anos. Con catorce, Orr uniuse aos Oshawa Generals,[4] os equipo júnior dos Bruins, e participou no all-star en tres das catro temporadas.
En 1966, Orr uniuse aos Boston Bruins, un equipo que non gañara a copa Stanley dende 1941 e non se clasificara para os playoffs dende 1959. Con Orr, os Bruins gañaron a copa Stanley dúas veces, en 1970 e 1972 e perdeu a final de 1974. En ambas as vitorias, Orr foi nomeado xogador máis valioso dos playoffs. En 1976, Orr deixou Boston como axente libre para unirse aos Black Hawks, mais varias lesións estragaron o seu xeonllo esquerdo, e retirouse en 1978 con trinta anos.
O primeiro contrato profesional de Orr foi un dos primeiros que foron negociados por un axente. Converteuse no xogador mellor pagado da historia da NHL como rookie.[5] O seu segundo contrato foi o primeiro por un millón de dólares na NHL. Porén, trala súa retirada, Orr descubriu que estaba enormemente endebedado e tivo que vender a maioría das súas propiedades. Orr rompeu co seu axente Alan Eagleson e demandou os Black Hawks. Orr e a súa familia volveron a Boston, onde Orr entrou en negocios para reconstruír as súas finanzas. Orr axudou nas investigacións que provocaron a condena e inhabilitación de Eagleson. Orr tamén apoiou a demanda que expuxo a corrupción dos plans de pensións da NHL.
Orr entrou no negocio de axente de xogadores en 1996 e é presidente da axencia Orr Hockey Group. A axencia representa máis de vinte xogadores da NHL.[6] Orr tamén é activo en obras de caridade e en anuncios de televisión. Dende 1996, Orr adestrou un equipo de xogadores júnior no CHL Top Prospects Game.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NHL legend Orr honoured in hometown". CBC News. 18 de xullo de 2003.
- ↑ Dryden 1998, pp. 26–32.
- ↑ "100 Greatest NHL Players". NHL.com. 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 "Bobby Orr: 100 Greatest NHL Players" (en inglés). NHL.com. Consultado o 6-10-2018.
- ↑ Price 2009, p. 3.
- ↑ "Players". orrhockey.com. Consultado o 12 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bock, Hal (1974). Hockey '75: Stars and Records. Pyramid Books.
- Brunt, Stephen (2006). Searching for Bobby Orr. Random House. ISBN 978-0-676-97651-9.
- Conway, Russ (1995). Game Misconduct: Alan Eagleson and the Corruption of Hockey. Toronto: Macfarlane Walter & Ross. ISBN 978-0-921912-78-1. OCLC 34271839.
- Cruise, David; Griffiths, Alison (1991). Net Worth: Exploding the Myths of Pro Hockey. Viking. ISBN 0-670-83117-4.
- Dinger, Ralph, ed. (2010). National Hockey League Official Guide & Record Book 2011. Dan Diamond & Associates. ISBN 978-1-894801-19-5.
- DiManno, Rosie (1999). "Portrait of the Artist as a Young Bachelor". En MacInnis, Craig. Remembering Bobby Orr. Stoddart Publishing. pp. 29–43. ISBN 0-7737-3196-2.
- Dryden, Steve (2000). The Top 100 NHL Players of All Time. Toronto: Transcontinental Sports Publishers. ISBN 0-7710-4175-6.
- Fischler, Stan; Fischler, Shirley (1983). Everybody's hockey book. Charles Scribner's Sons. ISBN 0-684-18022-7.
- Foster, Susan (2006). The Power of Two: The Carl Brewer Story. Bolton, ON: Fenn Publishing. ISBN 978-1-55168-289-1.
- Hunter, Douglas (1997). Champions: The Illustrated History of Hockey's Greatest Dynasties. Chicago: Triumph Books. ISBN 1-57243-213-6.
- MacInnis, Craig, ed. (1999). Remembering Bobby Orr. Stoddart Publishing. ISBN 0-7737-3196-2.
- McKenzie, Bob (2000). "Full Speed Ahead". En Dryden, Steve. Century of Hockey. McClelland & Steward Ltd. pp. 8–13. ISBN 0-7710-4179-9.
- Orr, Frank (1999). "How Great Was He?". En MacInnis, Craig. Remembering Bobby Orr. Stoddart Publishing. pp. 77–91. ISBN 0-7737-3196-2.
- Podnieks, Andrew (2000). The NHL All-Star Game: 50 Years of the Great Tradition. Toronto, ON: HarperCollins Books. ISBN 0-00-200058-X.
- Podnieks, Andrew (2003). The goal: Bobby Orr and the most famous goal in Stanley Cup history. Triumph Books. ISBN 1-57243-570-4.
- Price, S.L. (2 de marzo de 2009). "The Ever Elusive, Always Inscrutable And Still Incomparable Bobby Orr". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2010.
- Simpson, Rob (2008). Black and gold: four decades of Boston Bruins photographs. John Wiley & Sons Canada. ISBN 978-0-470-15473-1.
- Thomas, Rick (2011). Early Hockey Years in Parry Sound, The Orr/Crisp Years, Part 2, 1942–1973. ISBN 978-0-9813868-1-2.
- Cox, Damian (10 de febreiro de 1997). "Orr once again major player in NHL game". Toronto Star. p. B1.