Nick Matthew
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1980 (44 anos) Sheffield, Reino Unido |
Residencia | Sheffield |
Educación | High Storrs School (en) |
Lateralidade | destro |
Actividade | |
Ocupación | xogador de squash |
Deporte | Squash |
Participou en | |
2018 | Jogos da Commonwealth de 2018 (pt) |
2010 | Jogos da Commonwealth de 2010 (pt) |
15 de marzo de 2006 | Jogos da Commonwealth de 2006 (pt) |
Premios | |
Páxina web | nickmatthew.co.uk |
Nick Matthew, nado en Sheffield o 25 de xullo de 1980, é un ex-xogador de squash inglés, que foi campión do mundo tres veces e encabezou a clasificación mundial 19 meses[1] entre 2010 e 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no High Storrs School[2], que se sitúa nos arrabaldes da súa cidade natal. A carreira de Nick Matthew no circuíto profesional principiou en 1998, e nese ano quedou campión do mundo co equipo nacional júnior de Inglaterra e tamén en individual júnior chegou ás semifinais. En 2004 clasificouse por primeira volta entre os dez primeiros xogadores do mundo. A súa vitoria no British Open en 2006, ao se impoñer ao francés Thierry Lincou, converteuno no segundo inglés, tras de Jim Dear en 1939, en vencer o torneo en casa. Nese ano tamén se impuxo por primeira volta no Campionato Británico logo de vencer a Lee Beachill por 11–9, 6–11, 11–9, 10–12 e 12–10. En 2007 gañou o US Open ao derrotar a James Willstrop na final por 11–7, 11–4 e 11–7.
Nos Xogos Mundiais de 2009 en Taiwán, Mattheu gañou a medalla de ouro ao bater ao seu gran rival James Willstrop[3], xa que foi contra James Willstrop que Matthew xogou a maior parte dos partidos do Campionato do Mundo da súa carreira con 35 encontros. Co equipo nacional inglés logrou dous títulos en 2005 e 2007 e catar o ano 2008 todos os títulos dos Campionatos de Europa por equipos comprendidos entre 2004 e 2014, o que suma un total de dez títulos europeos.
En novembro de 2009 gañou o Qatar Classic Open e en decembro do ano 2009 enfrontouse a Ramy Ashour na final do PSA Masters na India que resultou nunha vitoria do exipcio por 3-1 e de novo no Saudi International, nunha final na que se decidía o número un mundial que resultou tamén nunha vitoria de Ashour nun partido que durou 110 minutos [4] e que elevou a Matthew ao número dous mundial.
O febreiro de 2010 gañou o North American Open fronte a Ashour e en maio unha vitoria no Sky Open ao bater a Karim Darwish por 3-1 catapúltao ao cumio da clasificación mundial pola primeira volta. En agosto noutro duelo con Ramy Ashour no Australian Open remata cunha vitoria do inglés por 3-0 e supón o terceiro torneo da tempada nas Super Series. Nos Xogos da Commonwealth de 2010 que se celebraron en outubro en Delhi, Nick Matthew logrou a medalla de ouro individual e máis tamén en dobres con Adrian Grant. En decembro rematou o ano coa vitoria no Campionato do Mundo contra do seu compatriota James Willstrop por 3 xogos a 1 en 74 minutos en Arabia Saudita[5]e tornou o primeiro inglés en gañalo nos 35 anos de historia da competición[6].
Na tempada 2011 só gañou un dos torneos das Series Mundiais, foi en febreiro no North American Open ao bater a Ashour por 11-9, 11-5, 8-11, 8-11 e 11-6. Así e todo, retivo o título do Campionato do Mundo ao vencer o francés Grégory Gaultier na final por 3 xogos a 1 nun partido de 92 minutos en Rotterdam o 6 de novembro[7]. Mantivo o liderado da clasificación mundial todo o ano, pero logo de loitar contra unha lesión perdeu o liderado en xaneiro de 2012 en favor de James Willstrop mais a finais de mes gañoulle o Torneo dos Campións en Nova York e volveu recuperar o liderado en febreiro, non obstante só logrou mantelo un mes. En maio gañou o seu terceiro British Open, o primeiro inglés en gañar o título tres veces na era profesional[8].
O 3 de novembro de 2013 gañou o seu terceiro Campionato do Mundo ao bater o francés Grégory Gaultier por 3 xogos a 2 en 111 minutos en Manchester e en decembro gañou o Open de Hong Kong logo de derrotar o galego Borja Galán e puido recuperar en xaneiro de 2014 o liderado da clasificación mundial que logrou manter dous meses máis. En febreiro gañou o Open de Suecia e máis tamén bateu unha nova marca ao se facer co seu sexto campionato británico tras vencer a James Willstrop na final[9]. En marzo fíxose co Canary Wharf Classic de Londres[10]. A súa preparación para os Xogos da Commonwealth de 2014 viuse prexudicada por unha lesión no xeonllo[11] mais non só puido competir en individual e en dobres con Adrian Grant senón que logrou a medalla de ouro en individual fronte ao seu compatriota James Willstrop por 11–9 8–11 11–5 6–11 e 11–5[12] e a prata en dobres tras derrotar 10–11 11–7 e 11–9 os australianos Cameron Pilley e David Palmer[13].
En febreiro de 2015 gañou o Open de Suecia ao vencer o francés Gaultier por 11–9, 11–8 e 11–7 e en marzo gañou o trofeo do Windy City Open tras impoñerse ao exipcio Mohamed El Shorbagy por 11–7, 11–2 e 11–7 e máis o seu quinto Canary Wharf Classic ao derrotar o alemán Simon Rösner[14]. En xaneiro de 2016 chegou á final do Torneo de Campións en Nova York, pero a vitoria foi para o entón número un mundial Mohamad El Shorbagy por 8-11, 11-6, 11-8, 6-11 e 11-6 [15]. No mes de febreiro logrou o seu oitavo campionato británico ao bater a James Willstrop por 11-2, 6-11, 11-3, 11-3, nun campionato no que só perdeu un xogo[16]. En marzo volveuse enfrontar a El Shorbagy na final de Windy City Open, pero no terceiro xogo unha lesión obrigouno a retirarse[17]e en outubro unha vez máis chegaron á final do US Open El Shorbagy e Matthew, mais de novo unha lesión forzou a retirada de Matthew no quinto xogo[18]. En marzo de 2017 logrou o seu sexto Canary Wharf Classic tras bater ao exipcio Fares Dessouky por 11-9, 11-7, 10-12 e 11-8 [19]. En setembro de 2017 anunciou a súa retirada ao rematar a tempada 2017-2018[20]. En maio de 2018 no British Open perdeu na segunda rolda contra do alemán Raphael Kandra e o seu derradeiro partido foi nas semifinais das World Series Finals ao perder contra do entón número un Ali Farag[21].
Adestrador
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2016, antes da súa retirada, estableceu a Nick Matthew Academy[22] na localidade inglesa de Sheffield [23] e tamén en colaboración con Berkshire School con instalacións na localidade norteamericana de Sheffield[24] para adestrar a alto nivel rapazada e xente nova.
Dende 2018 traballou co equipo inglés de squash como consultor de adestramento de alto rendemento e en xuño de 2021 aceptou o nomeamento como adestrador auxiliar da selección inglesa de squash para preparar os Xogos da Commonwealth de 2022 [25]que se celebraron en Birmingham e nos que o equipo inglés de squash logrou seis das quince medallas posibles.
En abril de 2022 debutou como xogador de racketlon na categoría dobres acompañado de Dan Busby, clasificado como o cuarto do mundo[26], no Nick Matthew Steel City Open Challenger, un dos torneos da máxima categoría dese deporte[27] e finalmente a parella quedou en cuarta posición[28].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morrissey, Michael (15 de xuño de 2020). "A Graphical History of the PSA Number 1 (1975 – 2020)". SQUASH STATS.
- ↑ "We have the 6th best Squash team in the country!". Highstorrs. 24 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2022. Consultado o 09 de decembro de 2022.
- ↑ "Nick Matthew : I was world No 1 but I hated being on court". The Times. 31 de marzo de 2018.
- ↑ Steve Cubbins, Framboise Gommendy (18 de decembro de 2009). "Dream final it really was". Squashsite.
- ↑ "Today: 2010 World Open". Squashsite. 10 de decembro de 2010..
- ↑ Gilmour, Rod (12 de decembro de 2010). "World Squash Open 2010: Nick Matthew hails title as 'beyond wildest dreams'". The Daily Telegraph.
- ↑ "Nick Matthew beats Gregory Gaultier to win second World Open title". BBC Sport. 6 de novembro de 2011.
- ↑ "Nick Matthew". BBC Sport. 20 de maio de 2012.
- ↑ "Nick Matthew beats James Willstrop to win national title". BBC Sport. 16 de febreiro de 2014.
- ↑ "Nick Matthew Wins 4th Canary Wharf Squash Classic Title". The official website of Nick Matthew OBE. 28 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2017-07-23.
- ↑ "Squash star Nick Matthew in fitness race for Glasgow 2014 after knee surgery". Sunday Express. 26 de xuño de 2014.
- ↑ "Glasgow 2014: Nick Matthew beats James Willstrop to win gold". BBC Sport. 28 de xullo de 2014.
- ↑ "Commonwealth Games 2014: Nick Matthew denied record-equalling fourth gold in men's squash doubles". The Telegraph. 3 de agosto de 2014.
- ↑ "Nick Matthew masters Simon Rosner to claim fifth Canary Wharf title". Squash Mad. 28 de marzo 2015.
- ↑ "Nick Matthew Denied 2nd Tournament of Champions". nickmatthew.co.uk. 14 de xaneiro de 2016. Archived from the original on 25 de abril de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2022.
- ↑ "National Championships: Laura Massaro & Nick Matthew win". BBC Sport. 14 de febreiro de 2016.
- ↑ "Windycity Update: Elshorbagy Takes Men'S Crown". PSA World Tour. 3 de marzo de 2016.
- ↑ "US Open: ElShorbagy Is US Open Champion". PSA World Tour. 16 de outubro de 2016.
- ↑ "Nick Matthew Claims Record Sixth Canary Wharf Classic Crown". Professional Squash Association. 11 de marzo de 2017.
- ↑ "Nick Matthew: Three-time world squash champion to retire". BBC Sport. 18 de setembro de 2017.
- ↑ "World Series Finals: Nick Matthew's career ends in semi-final defeat to Ali Farag". BBC Sport. 8 de xuño de 2018.
- ↑ "Nick Matthew Academy can take juniors to the top". Squash Mad. 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "The Nick Matthew UK Academy Masterclass 2017". Squash Site.
- ↑ "Nick Matthew, Squash Ambassador". Berkshire School.
- ↑ "Nick Matthew appointed Team England Assistant Coach ahead of Birmingham 2022". Squash Site. 21 de xuño de 2021.
- ↑ "Dan Busby: Racketlon Profiles – A Guide For New Players". racketlon. 13 de maio de 2019.
- ↑ "Nick Matthew Debut & Severinová Chases No.1 Spot Nick Matthew Steel City Open". racketlon.net. 14 de abril de 2022.
- ↑ "Nick Matthew Finishes 4th & Titles for Griffiths Brothers, Jacobsen, Severinová & More Nick Matthew Steel City Open". racketlon.net. 16 de abril de 2022.