Panelian Raikas
PaRa | |
---|---|
Fundación | 1920 (club deportivo) década de 1950 (hóckey sobre xeo) |
Cidade | Panelia (Eura), Satakunta Finlandia |
Estadio | Panelian jäähalli |
Liga | Naisten Suomi-sarja |
Cores | Amarelo, negro, azul, laranxa e branco |
Na rede | |
https://panelianraikas.seura.info/ | |
O Panelian Raikas, tamén coñecido comoo PaRa, é un equipo de hóckey sobre xeo da vila de Panelia, no concello Eura (Satakunta, Finlandia). A entidade salienta polo seu equipo feminino, que na tempada 2022-23 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten Mestis. Xoga os seus partidos como local no Panelian jäähalli.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O PaRa foi fundado o 8 de xaneiro de 1920 como club de atletismo.[2] Na década de 1950 o club incluíu a práctica do hóckey sobre xeo,[1] que acabou converténdose no único deporte da entidade.[2]
A finais da década de 1960 o equipo masculino de hóckey sobre xeo xogou na Maakuntasarja (Liga Rexional), que daquela era o terceiro nivel do hóckey finlandés. A tempada 1967-68 finalizou na derradeira posición do grupo de Länsi-Suomi (Finlandia Occidental) con tan só unha vitoria, dous empates e nove derrotas en 12 encontros, e 79 goles en contra por tan só 29 a favor, polo que descendeu.[3]
Pola súa banda, o nivel máis alto no que competiu o equipo feminino foi a Naisten Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.[4]
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Panelian jäähalli.
O PaRa xoga os seus partidos como local no Panelian jäähalli, un estadio construído entre os meses de maio e outubro de 1999 e que conta cunha pista de 56x26 m. O equipo xogou o seu primeiro partido o 28 de outubro de 1999 fronte a FPS, que finalizou con vitoria local por dez goles a cinco.[5][6]
Personalidades destacadas
[editar | editar a fonte]O Panelian Raikas é coñecido por ser un bo club de formación,[1] xa que na entidade formáronse as porteiras Tiina Ranne e Eveliina Mäkinen, que participaron en competicións internacionais coa selección feminina de Finlandia.[8] Pola súa banda o porteiro Oskari Setänen e o defensa Roni Sevänen formaron parte do equipo de Lukko que se proclamou campión finlandés en 2021.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Seura" (en finés). Panelian Raikas. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2023. Consultado o 4 de febreiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Nykänen, Liisa (8 de xaneiro de 2020). "Panelian Raikas tasan sata vuotta". alasatakunta.fi (en finés). Consultado o 4 de febreiro de 2023.
- ↑ "PaRa" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2023.
- ↑ "PaRa (W)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2023.
- ↑ "Panelian jäähalli" (en finés). Eura.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ "Halli" (en finés). Panelian jäähalli. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ "Tiina Ranne" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ Setänen, Eetu (2 de marzo de 2016). "Jääkiekkotehdas nimeltä Panelia". ls24.fi (en finés). Consultado o 4 de febreiro de 2023.
- ↑ Tuominen, Joni (17 de maio de 2021). "PaRa-kasvatit toivat mestaruuden Kanalin rannalle – "Kyllä sellainen ylpeyden aihe on ollut täällä pelata"". alasatakunta.fi (en finés). Consultado o 4 de febreiro de 2023.