Santurtzi
Santurce (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Biscaia | |||
Comarcas | Gran Bilbao | |||
Capital | Santurtzi (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 46.057 (2023) (6.773,09 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 6,8 km² | |||
Bañado por | Mar Cantábrico | |||
Altitude | 2 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1075 | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Aintzane Urkijo (2015–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 48980 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 48082 | |||
Sitio web | ayto-santurtzi.net |
Santurtzi[1] é un municipio español da provincia de Biscaia, pertencente á comarca do Gran Bilbao. Historicamente, en cambio, formou parte ata comezos do século XIX dos Tres Concellos do Val de Somorrostro en Enkarterri. Ten unha poboación de 47.076 habitantes (2011).
Topónimo
[editar | editar a fonte]Conta a tradición que a actual igrexa de San Xurxo, en Santurtzi, foi orixinalmente un mosteiro fundado por uns monxes de orixe inglesa, que fuxindo de conflitos relixiosos, foron a recalar na costa biscaíña, no Val de Somorrostro. En torno a este mosteiro xurdiría o pobo de Santurtzi.
O nome Santurtzi deriva do latín Sant Georgi, ao igual que a ermida do mesmo nome que existiu en Gordexola preto de Iduibaltza (Okondo). A primeira mención escrita deste topónimo data do 1075. No devandito documento, escrito en latín, menciónase ao Monasterium Sant Georgis. Posteriormente, durante a Idade Media o nome sería transcribido de moi diversas formas San Jurdic (1249), Santurce (1333), San Yurdie, Sautuye, Santurtzi (1372). No século XV aparece mencionado como Sturse, Santurse e Santursi.
A denominación en éuscaro, única oficial dende 1983, é Santurtzi. Tradicionalmente, en castelán coñeceuse como Santurce. O xentilicio dos seus habitantes é santurtziarra.
Localización
[editar | editar a fonte]Santurtzi atópase situado na costa do mar Cantábrico, na marxe esquerda da desembocadura da ría de Bilbao e aos pés do monte Serantes (452 msnm, aínda que tradicionalmente constou 446 m). Limita ao sur con Ortuella, ao leste con Portugalete e ao oeste con Abanto Zierbena e con Zierbena.
Posúe unha orografía moi accidentada aínda que, a excepción do monte Serantes (452 m) -un dos seus elementos topográficos máis simbólico-, non presenta grandes alturas, situándose as máis significativas nos contrafortes do propio Serantes: O Mazo (245 m) e os Cuetos (123 e 106 m). O seu relevo inscríbese dentro do flanco norte do chamado anticlinal de Biscaia. É un relevo de tipo estrutural correspondendo a unha serie de materiais do cretáceo (calcarias urgonienses) ao longo de Punta Lucero-Serantes suavemente inclinados cara á ría.
Características
[editar | editar a fonte]O clima en Santurtzi está baixo a influencia do clima oceánico húmido. As temperaturas son suaves durante todo o ano, con choivas máis frecuentes na primavera e outono, invernos benignos e veráns non excesivamente calorosos. A temperatura media no verán é de 20 °C e de 8 °C no inverno.
A beleza da paisaxe e a calidade da súa gastronomía xunto coa hospitalidade dos santurzanos son só algúns atractivos dos que o visitante pode gozar. Santurtzi é unha vila mariñeira que soubo conservar os seus costumes a pesar do seu gran crecemento. A vida neste Concello, está marcada polo mar, que inspira o seu traballo e o seu lecer. A pesca e as regatas de traiñeiras e as festas marianas da Virxe do Carme manteñen vivas as súas raíces. E da gastronomía que dicir, en todo o mundo é coñecido o bo trato que ao peixe dáselle en Santurtzi, en especial ao besugo e como non, ás sardiñas en lugares como o restaurante Mandanga ou o internacionalmente coñecido Currito.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1890. ISBN 9788482893600.