Aloxamento web
O aloxamento web (en inglés web hosting) é o servizo que proporciona aos usuarios de Internet un sistema para poderen almacenar información, imaxes, vídeo ou calquera contido accesíbel vía web.
É unha analoxía de "hospedaxe ou aloxamento en hoteis ou en cuartos", onde un individuo ocupa un lugar específico; neste caso, a analoxía aloamxento web ou aloxamento de páxinas web, refírese ao lugar que ocupa unha páxina web, sitio web, sistema, correo electrónico, arquivos etc. en Internet ou, máis especificamente, nun servidor que, polo xeral, hospeda varias aplicacións ou páxinas web.
As compañías que proporcionan espazo nun servidor informático aos seus clientes adoitan denominarse co termo en inglés web host. A hospedaxe web, aínda que non é necesariamente un servizo, converteuse nun lucrativo negocio para as compañías de Internet.
Tipos de aloxamento web en Internet
[editar | editar a fonte]Aloxamento gratuíto
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Aloxamento gratuíto.
O aloxamento gratuíto é extremadamente limitado cando se compara co aloxamento de pago. Estes servizos xeralmente inclúen publicidade nos sitios e teñen un espazo e tráfico limitado.
Aloxamento compartido
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Aloxamento compartido.
Neste tipo de servizo alóxanse clientes de varios sitios web nun mesmo servidor, grazas á configuración do programa servidor web. Resulta unha alternativa moi boa para pequenos e medianos clientes, é un servizo económico debido á redución de custos xa que ao compartir un servidor con centos de miles ou millóns de persoas ou usuarios o custo redúcese drasticamente para cada un, e ten bo rendemento.
Entre as desvantaxes deste tipo de hospedaxe web hai que mencionar sobre todo o feito de que compartir os recursos de hardware dun servidor entre centos ou miles de usuarios diminúe notabelmente o traballo no mesmo. É moi usual tamén que os fallos ocasionados por un usuario repercutan nos demais polo que o administrador do servidor debe ter moita cautela ao asignar permisos de execución e escritura aos usuarios. En resumo, as desvantaxes son: diminución dos recursos do servidor, de velocidade, de capacidade para o traballo, de seguridad e de estabilidade.
Aloxamento de imaxes
[editar | editar a fonte]Este tipo de hospedaxe ofrécese para gardar imaxes dixitais en Internet. A maioría destes servizos son gratuítos e as páxinas válense da publicidade colocada na páxina ao subir a imaxe.
Aloxamento revendedor (reseller)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Aloxamento revendedor.
Este servizo de aloxamento está deseñado para grandes usuarios ou persoas que venden o servizo de hospedaxe a outras persoas. Estes paquetes contan con gran cantidade de espazo e de dominios dispoñíbeis para cada conta. Así mesmo, estes espazos teñen un límite de capacidade de clientes e dominios aloxados e, por ende, exixe buscar un servidor dedicado.
Servidores virtuais (VPS, Virtual Private Server)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Servidor virtual.
A empresa ofrece o control dunha computadora aparentemente noncompartida, que se realiza mediante unha máquina virtual. Así pódense administrar varios dominios de forma fácil e económica, ademais de elixir os programas que se executan no servidor. Por iso, é o tipo de produto recomendado para empresas de deseño e programación web.
Servidores dedicados
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Servidor dedicado.
Un servidor dedicado é unha computadora comprada ou arrendada que se utiliza para prestar servizos dedicados, xeralmente relacionados co aloaxmento web e outros servizos en rede. A diferenza do que ocorre co aloxaiento compartido, onde os recursos da máquina son compartidos entre un número indeterminado de clientes, no caso dos servidores dedicados xeralmente é un só cliente o que dispón de todos os recursos da máquina para os fins para os cales contratara o servizo.
Os servidores dedicados poden ser utilizados tanto para prestar servizos de aloxamento compartido como para prestar servizos de aloxamento dedicado, e poden ser administrados polo cliente ou pola empresa que os submninistra. O coidado físico da máquina e da conectividade a Internet está xeralmente a cargo da empresa subministradora do servidor. Un servidor dedicado xeralmente está localizado nun centro de datos.
Un servidor dedicado pode entenderse como a contraparte do aloxamento web compartido, pero iso non significa que un servidor dedicado non poida destinarse a entregar este tipo de servizo. Este é o caso cando, por exemplo, unha empresa dedicada ao negocio do aloxamento web compra ou arrenda un servidor dedicado co obxetcivo de ofrecer servizos de aloxamento web aos seus clientes.
Por outro lado, un servidor dedicado pode ser utilizado como unha forma avanzada de aloxamento web cando un cliente ou empresa ten requirimientos especiais de rendemiento, configuración ou seguridad.e Nestes casos é común que unha empresa alugue un servidor dedicado para autoabastecerse dos servizos que necesita dispoñendo de todos os recursos da máquina.
A principal desvantaxe dun servidor dedicado é o custo do servizo, que é moi superior ao do aloxamiento compartido. Isto débese principalmente ao custo mensual da máquina e a necesidade de contratar os servixos para a administración e configuración do servidor.
Colocación (housing)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Housing.
Este servizo consiste basicamente en vender ou alugar un espazo físico dun centro de datos para que o cliente coloque aí a súa propia computadora. A empresa dálle a corrente e a conexión a Internet, pero o servidor o elixe libremente o usuario (até o hardware).
Aloxamento web na nube (cloud hosting)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Computación na nube.
O aloxamiento web na "nube" (cloud hosting) está basadeo nas tecnoloxías máis innovadoras que permiten a un gran número de máquinas actuar como un sistema, conectadas a un grupo de medios de almacenamento. Ten vantaxes considerábeis sobre as solucións de web hosting tradicionais tal como o uso de recursos. A seguridade dun sitio web aloxado na "nube" (cloud) está garantida por numerosos servidores en lugar de só un. A tecnoloxía de computación na nube tamén elimina calquera limitación física para o crecemento en tempo real e fai que a solución sexa extraordinriamente flexíbel.
Formas de obter
[editar | editar a fonte]Polo xeral, distínguese entre servizos de pago e servizos gratuítos.
Servizos de pago
[editar | editar a fonte]Este tipo de obtención polo xeral vén dada polo contrato dun provedor de Internet o cal, xunto con dar conexión, ten a posibilidade de almacenamiento mediante disco virtual ou espazo web ou combinación de ambos os sistemas.
Outro medio de obtención é contratando algún servizo dalgunha empresa non dependente da conexión a Internet, as cales ofrecen segundo as capacidades dos seus servidores ou do seu espazo. Case sempre á par, entregan servizos angadidos, como a execución de tarefas automáticas ou contas de correo electrónico gratuítas.
Normalmente as transaccións son electrónicas, por tarxeta de crédito ou por sistemas de pagos como PayPal.
Servizos gratuítos
[editar | editar a fonte]Este tipo de servizo vén dado pola base de ser gratuíto, sen custo ningún para o subscritor. Porén, quen usan este servizo, polo xeral, son páxinas de baixos recursos de mantemento ou aquelas nas que os donos non posúen suficiente diñeiro para seren mantidas.
Como medio de financiamento o servidor coloca anuncios doutras empresas, facendo que a páxina se encha de publicidade nalgúns puntos.
Outra limitación destas ofertas é que teñen un espazo limitado e non se poden usar como almacén de datos, nin poden aloxar páxinas subversivas ou de contido adulto ou non permitido.
De todos os xeitos, existe unha ampla oferta de aloxamentos gratuítos con características moi diferentes e que poden satisfacer as necesidades de programadores que desean uxn lugar onde facer probas ou que manteñen un sitio cun número non moi elevado de visitas.
Servidores e servizos
[editar | editar a fonte]Un aloxamiento web pódese diferenciar doutro polo tipo de sistema operativo, uso de bases de datos e motor de xeración de sitios web que exista nel. A combinación máis coñecida e estendida é a do tipo LAMP (Linux, Apache, MySQL e PHP), aínda que se está comezando a usar unha combinación con Java.
Algúns dos servizos máis comúns que se poden entregar son os de FTP, manexo por sitio web e múltiples clientes nas bases de datos.
Dominios
[editar | editar a fonte]Algúns plans de aloxamento (pero non os gratuítos) inclúen un nome de dominio para que sexa máis fácil acceder ao sitio. Ss non vén incluído, é o usuario quen ten que registrar un dominio mediante un rexistrador, ou ben usar un subdominio da mesma compañía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aloxamento web (en castelán)