Amegrove Club de Remo
Amegrove Club de Remo | |
---|---|
Tipo | club de remo |
Deporte | remo |
Data de fundación | 1980 |
Localización | |
Enderezo | Rúa Porto Meloxo, 138 |
En | O Porto de Meloxo |
País | Galicia |
42°29′28″N 8°53′20″O / 42.490983055556, -8.889 | |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Amegrove Club de Remo é unha entidade deportiva do Grove adicada ó remo, que foi creada en 1979 pola Asociación de Mexilloeiros do Grove, e que participou por primeira vez nunha regata de traiñeiras en 1981. Na actualidade compite na Liga Galega de Traiñeiras.
Historia
[editar | editar a fonte]Dende 1982 participou nos campionatos de España xuvenís nas modalidades de bateis e traiñeiriñas, acadando diversos éxitos en anos seguintes tanto en categoría xuvenil como en infantil, cadete e sénior. En 1992 tamén competiron na modalidade de remo olímpico.
No ano 1996 acadou a medalla de bronce no Campionato de España de Traiñeiras, éxito que repetiu en 1999, ano no que participou por vez primeira na Bandeira da Concha, quedando 10º.
Nas tempadas 2004, 2005 e 2006 o club rematou 2º na Liga Galega de Traiñeiras. En 2006 tamén foi prata no campionato de España, e gañou a Bandeira Teresa Herrera. Rematou 6º en 2007 na Liga Galega de Traiñeiras, 10º en 2008, 6º en 2009, e campión en 2010.
No 2011 gañaron o VII Campionato de España de banco fixo llaüt Mediterráneo[1], modalidade na que competían por primeira vez. Esta dispútase con embarcacións tradicionais da zona, parecidas ás traiñeiras, pero so con oito tripulantes e un patrón.
Dende a súa fundación, Amegrove Club de Remo conseguiu nas diferentes modalidades e categorías dos campionatos de España de remo:
- 21 Medallas de Ouro
- 14 Medallas de Prata
- 12 Medallas de Bronce
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Amegrove CR logra facerse co Campionato de España de banco fixo do Mediterráneo ". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2011.