Ang Lee
Ang Lee (en chinés: 李安; en Pinyin: Lǐ Ān), nado en Chaochou (Pingtung) o 23 de outubro de 1954 é un director de cine taiwanés. A maior parte dos seus filmes analizan as interaccións entre a modernidade e as tradicións. Polos seus traballos foi premiado, entre outros, con dous Oscar á mellor dirección por Brokeback Mountain e Life of Pi, o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa por Wò hǔ cáng lóng, con dous Osos de Ouro por Xǐyàn e Sense and Sensibility e con dous Leóns de Ouro ao Mellor Filme por Brokeback Mountain e Sè, Jiè.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de diplomarse en 1975 na National Taiwan College of Arts, Lee decide marchar aos Estados Unidos en 1978. Consegue diplomarse en teatro na Universidade de Illinois e inscríbese na de Nova York, onde estuda produción cinematográfica. En 1983 casa con Jane Lin coa que tivo dous fillos. Aínda seguen casados.
O primeiro filme de éxito foi Tuī shǒu (Pushing Hands), que narra as vivencias dun ex-mestre de Tai chi que vai vivir a Nova York coa familia do fillo. O filme gaña o Oso de Ouro no Festival de Berlín en 1992. No seguinte ano volverá triunfar no mesmo festival coa obra Xǐyàn (The Wedding Banquet). Estas dúas obras, xunto coa seguinte Yǐn Shí Nán Nǚ (Eat Drink Man Woman), que obtén un nomeamento aos Oscar, constitúen unha triloxía denominada "Father knows best".
En 1995 dirixe a adaptación cinematográfica de Sense and Sensibility, do libro de Jane Austen. O filme consegue sete nomeamentos aos Oscar, un Globo de Ouro como Mellor Filme e, novamente, o Oso de Ouro en Berlín.
O seguinte traballo é a dramática The Ice Storm, sobre a insatisfacción de dúas familias americanas no momento do escándalo do Watergate, ao que segue Cabalga co demo, dedicado ás vivencias durante a guerra de secesión americana.
En 2000 dirixe Wò hǔ cáng lóng, un wuxia, isto é un filme de artes marciais, visionario, ambientado na China do século XIX. O filme acada un éxito notable de público e crítica, e convértese no filme de lingua non inglesa con maiores ingresos da historia do cinema. Gran parte deste éxito é debido ás coreografías acrobáticas do mestre Yuen Wo Ping (tamén autor do combate de Matrix). O filme gaña o Oscar e o Golden Globe como Mellor Filme en lingua non inglesa.
A súa seguinte produción é Hulk, que non consegue o éxito esperado. En 2005 torna o éxito coa obra Brokeback Mountain, unha longametraxe romántica dedicada ao amor homosexual de dous cowboys. O filme vence o León de Ouro ao Mellor Filme no Festival de Cine de Venecia e moitos outros premios, como tres Oscar e catro Globos de Ouro en 2006. En 2007 volve gañar o León de Ouro polo Mellor Filme con Sè, Jiè (Lust, Caution).
Filmes
[editar | editar a fonte]Director
[editar | editar a fonte]- Laziness in a Saturday Afternoon
- One Day of Ma-Chuan Chen
- The Runner (1980)
- Beat the Artist (1981)
- I Love Chinese Food (1981)
- Shades of the Lake (1982)
- Fine Line (1984)
- Pushing Hands (1992)
- The Wedding Banquet
- Eat Drink Man Woman (1994)
- Sense and Sensibility (1995)
- The Ice Storm (1997)
- Cabalga co demo (1999)
- Wò hǔ cáng lóng (2000)
- The Hire (BMW Short Movies) - Chosen (2002)
- Hulk (2003)
- Brokeback Mountain (2005)
- Lust, Caution (2007)
- Taking Woodstock (2009)
- Life of Pi (2012)
Guionista
[editar | editar a fonte]- Pushing Hands (1992)
- The Wedding Banquet (1993)
- Eat Drink Man Woman (1994)
- Siao Yu (1995)
Actor
[editar | editar a fonte]- The Wedding Banquet (1993)
- The Hulk (2003)
Editor
[editar | editar a fonte]- Pushing Hands (1992)
- Eat Drink Man Woman(1994)
Produtor
[editar | editar a fonte]- Siao Yu (1995)
- Wò hǔ cáng lóng (2000)
Premios
[editar | editar a fonte]- Mellor Director, National Board of Review of Motion Pictures por Sense and Sensibility (1995)
- Mellor Director, New York Film Critics Circle Awards por Sense and Sensibility (1995)
- Mellor Director, Independent Spirit Awards por Wò hǔ cáng lóng (2001)
- Mellor Director/Filme, Globos de Ouro por Wò hǔ cáng lóng (2001)
- O Premio David Lean por Mellor Dirección dos BAFTA por Wò hǔ cáng lóng (2001)
- Mellor Director, Boston Society of Film Critics por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Broadcast Film Critics Association por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Dallas-Fort Worth Film Critics Association por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Independent Spirit Awards por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Los Angeles Film Critics Association por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, New York Film Critics Circle Awards por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, San Francisco Film Critics Circle Awards por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Vancouver Film Critics Circle por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director (Filme), Globo de Ouro por Brokeback Mountain (2005)
- O Premio David Lean por Mellor Dirección dos BAFTA por Brokeback Mountain (2005)
- Oscar ó mellor director por Brokeback Mountain (2005)
- Oscar ó mellor director por Life of Pi (2012)