Saltar ao contido

Antonio Varela Saavedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Varela Saavedra
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Cambre, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cambre
1982 – 2011 – Manuel Rivas Caridad → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTonecho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

Antonio Varela Saavedra, Tonecho, nado en Cambre en 1948, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi candidato número 2 do PSdeG-PSOE de Cambre nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido concelleiro. Pese a sela forza máis votada, os socialistas quedaron na oposición debido a un pacto entre a UCD e unha formación independente. Porén, o alcalde centrista Antonio Fernández Becerra dimitiu en novembro de 1982 e foi elixido alcalde no seu lugar. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde cunha ampla maioría absoluta, situación que se repiteu en 1987, 1991, 1995 e 1999. Durante o seu mandato destacou o considerable crecemento de poboación do municipio, pasando de apenas 10.000 habitantes a mediados dos anos 80 a máis de 20.000 xa a mediados dos 2000, grazas en gran medida á súa proximidade coa cidade da Coruña, en especial o núcleo do Temple. Foi deputado provincial entre 1983 e 1995. Nas municipais de 2003 perdeu a maioría absoluta por un estreito marxe, aínda que debido ao incremento de poboación logrou o maior número de votos da súa historia. Desta forma, pactou un goberno de coalición co BNG.

De cara ás municipais de 2007 presentouse novo á alcaldía, aínda que sufriu diversos problemas internos[1] que derivaron en escisións[2][3]. Desta forma, perdeu votos e concelleiros, alonxándose aínda máis da maioría absoluta, polo que gobernou en minoría como cabeza da lista máis votada. En xullo de 2009 alcanzou un pacto de goberno co BNG[4], polo que volveu gobernar en maioría ata xaneiro de 2010, cando unha edil socialista abandonou o goberno. Non se presentou á reelección nas municipais de 2011 e retirouse da primeira liña política.


Predecesor:
Antonio Fernández Becerra
 
Alcalde de Cambre
 
1982 - 2011
Sucesor:
Manuel Rivas Caridad

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]