Saltar ao contido

Arquivo Pacheco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vigo, c. 1895. Foto Filippo Prosperi.

O Arquivo Fotográfico Pacheco é unha colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Jaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981, e que está instalada na Casa das Artes de Vigo.

Características

[editar | editar a fonte]

As orixes remóntanse a 1870 co traballo do italiano Filippo Prosperi e a súa esposa, a pontevedresa Cándida Otero,[1] quen se asociou en 1906 co portugués Jaime de Sousa Guedes Pacheco. A partir de 1915 o negocio arrincou como "Fotografía Pacheco" e o estudo desenvolveu o seu traballo ata que pechou no ano 1994.

O Arquivo está na Casa das Artes.

Os fondos recollen máis de 120.000 fotografías que comprenden os traballos de estudio feitos por Xaime Pacheco, reportaxes no exterior feitas polo seu sobriño, Horacio, e as imaxes tomadas polo seu fillo Xaime Pacheco, que quedou á fronte do estudio, co seu irmán Alberto, logo da morte do pai en 1954.

O arquivo contén imaxes da arquitectura e rúas da cidade de Vigo, escenas da vida política das distintas etapas, do traballo industrial de principios do século XX, da vida social da cidade a través das modas e dos costumes, dos deportes, do desenvolvemento industrial da década de 1960 e da vida cotiá. En 1991 o concello de Vigo adquiriu estes fondos á familia.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]