Convento das Orfas de Santiago de Compostela
Convento das Orfas de Santiago de Compostela | |
---|---|
Exterior do edificio | |
País | España |
Localización | Santiago de Compostela |
Coordenadas | 42°52′41″N 8°32′36″O / 42.878055555556, -8.5433333333333 |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
[ editar datos en Wikidata ] |
O convento das Orfas de Santiago de Compostela é un conxunto de construcións relixiosas de estilo barroco situadas en Santiago de Compostela.
Historia
[editar | editar a fonte]O conxunto localízase no número 5 da rúa das Orfas, na parte oriental da cidade vella, e está formado polas dependencias monásticas, a igrexa e un colexio. Foi construído a comezos do século XVII para dar aloxamento e educación ás nenas desamparadas da cidade. O seu impulsor foi o arcebispo San Clemente, e posteriormente foi modificada por Domingo de Andrade e Fernando de Casas Novoa.
A igrexa foi construída posteriormente, dende o ano 1666. O seu arquitecto foi Melchor de Velasco quen faleceu en 1669 antes de vela rematada, pois foi consagrada en 1671. No seu interior alberga un altar maior de estilo rococó, feito por Francisco de Lens, no que destaca unha imaxe da Inmaculada Concepción obra de Xosé Gambino, localizada entre San Xosé e Santiago, feita en 1756.
Acolle o Colexio Nosa Señora dos Remedios, que segue a ser coñecido popularmente como "As Orfas". A igrexa está aberta ao público e nela ofícianse misas do culto cristián diariamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha en www.santiagodecompostela.com". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2006. Consultado o 03 de outubro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario monumental y artístico de Galicia. A Coruña: Fundación Barrié. p. 559. ISBN 84-85728-62-9.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Convento das Orfas de Santiago de Compostela |