BER
BER son as siglas do inglés de bit error rate ou bit error ratio (taxa de bits errados) defínese como o número de bits recibidos de forma incorrecta respecto ao total de bits enviados nunha transmisión durante un intervalo de tempo especificado. Esta medida é unha información moi importante na calidade das comunicacións dixitais.
Valores mínimos establecido pola ICT
[editar | editar a fonte]A ICT, normativa de Infraestruturas Comúns de Telecomuniacións en España, establece uns valóres mínimos do BER nas transmisión de telecomuicacións para verificar a súa calidade.
- CBER = 3E-2
- VBER = 2E-4
- BER = 1E-7
Exemplo
[editar | editar a fonte]Supoñendo na seguinte secuencia de bits ao ser transmitida:
0 1 1 0 0 0 1 0 1 1,
se chegou a seguinte secuencia:
0 0 1 0 1 0 1 0 0 1,
Para determinar o BER se divide 3 (número de bits con erro) por 10 (número total de bits). A taxa de erro de bit neste caso é de 0,30 ou 30%.