Barrio xudeu de Xerusalén
O Barrio xudeu (hebreo: הרובע היהודי, HaRova HaYehudi) é un dos catro barrios nos que está dividida a cidade vella de Xerusalén. A área, comprendida de 116.000 m², está situada no sueste da cidade amurallada. Esténdese desde a Porta de Sión, ao sur da cidade, ata o barrio armenio, no oeste, e o Muro das Lamentacións ao norte e o Monte do Templo, ao leste.
O barrio está habitado por 2.348 habitantes (2004)[1] e alberga numerosas yeshivot e sinagogas, en particular a Sinagoga Hurva. Logo da súa construción en 1701, destruída en 1721, reconstruída en 1864 e destruída de novo en 1948 durante a ocupación árabe,[2] a Sinagoga Hurva foi reconstruída de novo no 2006 e volveu a consagrarse en 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]O barrio ten unha rica historia, con continua presenza xudía desde o século VIII a. C. Cando en 135, o emperador romano Adriano construíu a cidade de Aelia Capitolina sobre as ruínas da antiga Xerusalén, a Décima Lexión tiña o seu campamento no terreo do actual barrio xudeu.[3]
A comezos do século XX a poboación do barrio chegou aos 19.000 habitantes,[4][5] sen que fora unha poboación completamente xudía, existindo tamén outras comunidades vivindo no mesmo. Case todas as propiedades no barrio foron alugadas aos seus ocupantes como bens habices musulmáns (waqf). Esta foi unha das razóns para a expansión e construción ao oeste da cidade nos últimos anos do Imperio Otomán, xa que a terra fóra da cidade era propiedade de pleno dereito (mulk) e máis fácil de adquirir.[6] Deste xeito, comezaron a xurdir novos barrios fora da cidade vella, como Mishkenot Sha'ananim ou Mea Shearim, co que o número de habitantes xudeus dentro da cidade vella descendeu paulatinamente.
Características
[editar | editar a fonte]É o barrio máis coidado da cidade vella. Logo da conquista israelí do sector oriental da cidade trala Guerra dos Seis Días, esta volveuse a reconstruír dos graves estragos producidos polos bombardeos xordanos durante a Guerra de independencia de Israel, e do descoido e a falta de mantemento durante o período de ocupación árabe.
Para a súa reconstrución se tivo constancia da aparencia orixinal do barrio, as fronteiras do barrio definíronse e comezaron os procesos de topografía e cartografía.[4] A súa superficie foi ampliada ao incorporar áreas do barrio armenio que non pertenceran ao barrio xudeu (incluíndo os complexos Ja'ouni, Bashiti e Anabousi, que eran propiedade de árabes locais pero foron expropiadas).[7] Incorporouse tamén o veciño barrio marroquí de Xerusalén, demolido en 1967,[8] o que posibilitou construír unha explanada para os fieis xudeus, visitantes e turistas diante do Muro das Lamentacións e iniciou así a transformación física do barrio,[4] grazas ao cal tanto as rúas como as casas e prazas foron completamente renovadas.
O seu está na praza Hurva (se ben anteriormente era a praza Batei Mahaseh). Se trata dunha pequena praza cunha placa conmemorativa dos sucesos de 1948, cando os xordanos reuniron a todos os xudeus e os expulsaron da cidade vella á parte oeste de Xerusalén.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Table III/14 - Population of Jerusalem, by Age, Quarter, Sub-Quarter, and Statistical Area, 2003" (PDF). Institute for Israel Studies (en hebreo e inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2012.
- ↑ In the Holy Land, a Rebuilding for the Generations, The Wall Street Journal Online, March 10, 2010
- ↑ "The Christian Heritage in the Holy Land" edited by Anthony O'Mahony with Goran Gunner and Hintlian. ISBN 1-900269-06-6. Pages 15 and 18. Jerome Murphy-O'Connor, "Pre-Constantinian Christian Jerusalem". At this time Hadrian expelled all Jews from the territory.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Hattis Rolef, Susan (2000). "The Jewish Quarter in Jerusalem". Architecture of Israel Quarterly. Consultado o 26 de decembro de 2007.
- ↑ The Battle for the Old City Consultado o 8 de decembro de de 2012.
- ↑ Alexander Scholch, "Jerusalem in 19th Century (1831 - 1917 AD)" in "Jerusalem in History", Edited by K.J. Asali. 1989. ISBN 0-905906-70-5. Page 234.
- ↑ Ricca, Simone (2007). Reinventing Jerusalem: Israel's Reconstruction of the Jewish Quarter after 1967 (en inglés). I. B. Tauris. p. 48-52. ISBN 978-1845113872. Consultado o 24 de novembro de 2012.
- ↑ The Moroccan Quarter: A History of the Present, Thomas Abowd, Jerusalem Quaterly, nº7, 2000. Acceso 21-07-2012 (en inglés).
- ↑ Andrew Sanger (2000). Explorer Izrael. Varsovia: Bertelsmann. ISBN 83-7227-747-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barrio xudeu de Xerusalén |