Saltar ao contido

Bete Giyorgis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bete Giyorgis
Bete Giyorgis
Datos xerais
PaísEtiopía Etiopía
RexiónRexión de Amhara
TipoIgrexa
AdvocaciónSan Xurxo
LocalizaciónLalibela
Coordenadas12°01′54″N 39°02′28″L / 12.031625, 39.041147222222
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade
Culto
CultoIgrexa etíope tewahedo
Arquitectura
Construciónséculo XII-XIII
Bete Giyorgis en Etiopía
Bete Giyorgis
Bete Giyorgis
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa de San Xurxo (en amhárico: ቤት ጊዮርጊስ; Bete Giyorgis) é unha das once igrexas monolíticas escavadas en rocha de Lalibela, unha cidade na Rexión de Amhara, en Etiopía. O sitio histórico e relixioso, orixinalmente chamado Roha (Warwar), foi nomeado Lalibela por orde do rei Gebre Mesqel Lalibela da dinastía Zagwe, quen tamén ordenou a súa construción. El é considerado un santo pola Igrexa etíope tewahedo.

Bete Giyorgis (Igrexa de San Xurxo) dende enriba, unha das igrexas escavadas en rocha de Lalibela.

A igrexa de San Xurxo foi escavada cara a abaixo nunha clase de toba volcánica. Ese foi o único material arquitectónico que se empregou na construción. Data de finais do século XII e comezos do XIII, e pénsase que puido ser construído durante o reinado de Gebre Mesqel Lalibela, da dinastía Zagwe.[1] É unha das máis coñecidas e a última en ser erixida das once igrexas da área de Lalibela, e foi considerada de xeito non oficial como a "Oitava Marabilla do Mundo".[2] Lalibela, rei de Etiopía, quixo recrear Xerusalén, e estruturou a paisaxe das igrexas e os sitios relixiosos de tal xeito que se lograse tal fazaña. As igrexas en Lalibela están agrupadas en dous grupos principais, un que representa a Xerusalén terreal e o outro que representa a Xerusalén celestial. Situada directamente entre eles hai unha trincheira que representa o río Xordán. As dimensións da trincheira son 25 metros por 25 metros por 30 metros,[3] e hai unha pequena piscina bautismal fóra da igrexa, que se atopa nunha gabia artificial.

  1. Moriarty, Colm. "St. George's Church, Ethiopia". Irish Archaeology. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  2. "Lalibela:The Eighth Wonder of the World". Tzu Chi Foundation. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2006. 
  3. Sacred Destinations (ed.). "Rock-Hewn Churches of Lalibela". Consultado o 10 de novembro de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]