Biblioteca virtual
Unha biblioteca virtual é unha biblioteca establecida en Internet mediante informatización. Os seus servizos son os das bibliotecas informatizadas (fichas e catálogos en versión electrónica), os das bibliotecas dixitais (que proporcionan recursos dixitais e sistemas de información en rede incorporando datos multimedia) e outros a maiores coma reprodución destes recursos en liña. Adoitan permitir buscas no catálogo (polos datos dos recursos e polo seu contido), servizos de intercomunicación co usuario (mesmo empréstito ou reserva), servizos de espallamento da información (grupos de usuarios, publicidade, listas de correo), uso dos recursos (texto, imaxe, son e vídeo) e acceso e recuperación da información dependendo da linguaxe de marcado (HTML ou XML segundo un molde ou Document Type Definition).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biblioteca da Universidade da Coruña
- Biblioteca da Universidade de Santiago
- Biblioteca da Universidade de Vigo
- Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego Arquivado 03 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. da Asociación de Tradutores Galegos
- Biblioteca Virtual Galega
- Biblioteca Virtual de Literatura Emblemática
- Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes