Saltar ao contido

Bifobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bifobia é a discriminación ou o odio cara a persoas bisexuais. Non inclúe necesariamente a homofobia nin a heterofobia, porque hai estereotipos específicos para os bisexuais[1].

Estereotipos bifóbicos

[editar | editar a fonte]

Os estereotipos bifóbicos inclúen, entre outros, a promiscuidade, poligamia, intercambio de parellas, estar confundido ou ser libidinoso[2]. Nalgúns casos, acúsase ás persoas bisexuais de ter espallado enfermidades de trasmisión sexual á comunidade heterosexual ou incluso á comunidade LGTB. Deste estereotipo deriva aquel segundo o cal unha persoa bisexual podería ter sexo con calquera. Por iso os homes bisexuais adoitan ser vistos como portadores do virus da SIDA.

A miúdo, as persoas heterosexuais engaden máis estereotipos baseados na homofobia. As persoas homófobas poden pensar que a bisexualidade implica non están a gusto co propio sexo biolóxico. Ás veces dende a homosexualidade considérase que as persoas bisexuais conservan a súa reputación e colaboran coa homofobia mentres disfrutan simultaneamente da vida LGTB. Hai quen considera bifóbica a crenza de que a xente se divide entre heterosexuais e homosexuais, xa que negan a existencia da bisexualidade [3].

  1. Eliason, MJ (1997). "The prevalence and nature of biphobia in heterosexual undergraduate students.". Archives of Sexual Behavior 26 (3): 317–26. PMID 9146816. 
  2. "GLAAD: Cultural Interest Media". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2006. Consultado o 02 de maio de 2009. 
  3. Dworkin, SH (2001). "Treating the bisexual client". Journal of Clinical Psychology 57 (5): 671–80.  PMID 11304706