Saltar ao contido

Bobby Orr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBobby Orr

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Parry Sound, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónO'Neill Collegiate and Vocational Institute (en) Traducir
R S McLaughlin Collegiate and Vocational Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo, axente deportivo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaCanadá Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
LigaNational Hockey League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefenseman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mano para tirarleft-handed shot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Chicago Blackhawks
Boston Bruins
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbobbyorr.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0650531 WikiTree: Orr-296 Editar o valor en Wikidata

Robert Gordon Orr, nado en Parry Sound o 20 de marzo de 1948 é un xogador de hóckey sobre xeo canadense retirado, recoñecido como un dos mellores de todos os tempos.[1] Orr empregaou a súa velocidade sobre os patíns e as habilidades para facer xogo para revolucionar a posición de defensa.[2] Xogou na National Hockey League (NHL) durante 12 temporadas, dez cos Boston Bruins, ás que seguiron dúas cos Chicago Black Hawks. Orr é o único defensa que gañou o título de liga con dous trofeos Art Ross. Mantén o récord de número de puntos e asistencias nunha única temporada por un defensa. Orr gañou oitos trofeos Norris como mellor defensa e tres trofeos Hart consecutivos como xogador máis valioso da liga. Orr foi incluído no Hockey Hall of Fame en 1979 con 31 anos, o máis novo incluído nese momento. En 2017 foi nomeado pola National Hockey League como un dos "100 mellores xogadores da NHL" na historia.[3] Trala súa carreira deportiva, foi cazatalentos para moitos equipos profesionais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orr comezou no hóckey organizado con oito anos.[4] Primeiro xogou como dianteiro, pero cambiouse á defensa e foi animado a que empregase as súas capacidades para a patinaxe para controlar o xogo. O seu xogo na competición provincial de Ontario atraeu a atención dos cazatalentos da NHL con doce anos. Con catorce, Orr uniuse aos Oshawa Generals,[4] os equipo júnior dos Bruins, e participou no all-star en tres das catro temporadas.

En 1966, Orr uniuse aos Boston Bruins, un equipo que non gañara a copa Stanley dende 1941 e non se clasificara para os playoffs dende 1959. Con Orr, os Bruins gañaron a copa Stanley dúas veces, en 1970 e 1972 e perdeu a final de 1974. En ambas as vitorias, Orr foi nomeado xogador máis valioso dos playoffs. En 1976, Orr deixou Boston como axente libre para unirse aos Black Hawks, mais varias lesións estragaron o seu xeonllo esquerdo, e retirouse en 1978 con trinta anos.

O primeiro contrato profesional de Orr foi un dos primeiros que foron negociados por un axente. Converteuse no xogador mellor pagado da historia da NHL como rookie.[5] O seu segundo contrato foi o primeiro por un millón de dólares na NHL. Porén, trala súa retirada, Orr descubriu que estaba enormemente endebedado e tivo que vender a maioría das súas propiedades. Orr rompeu co seu axente Alan Eagleson e demandou os Black Hawks. Orr e a súa familia volveron a Boston, onde Orr entrou en negocios para reconstruír as súas finanzas. Orr axudou nas investigacións que provocaron a condena e inhabilitación de Eagleson. Orr tamén apoiou a demanda que expuxo a corrupción dos plans de pensións da NHL.

Orr entrou no negocio de axente de xogadores en 1996 e é presidente da axencia Orr Hockey Group. A axencia representa máis de vinte xogadores da NHL.[6] Orr tamén é activo en obras de caridade e en anuncios de televisión. Dende 1996, Orr adestrou un equipo de xogadores júnior no CHL Top Prospects Game.

  1. "NHL legend Orr honoured in hometown". CBC News. 18 de xullo de 2003. 
  2. Dryden 1998, pp. 26–32.
  3. "100 Greatest NHL Players". NHL.com. 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Bobby Orr: 100 Greatest NHL Players" (en inglés). NHL.com. Consultado o 6-10-2018. 
  5. Price 2009, p. 3.
  6. "Players". orrhockey.com. Consultado o 12 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]