Saltar ao contido

Linfocito T CD8+

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Célula T CD8+»)

O linfocito CD8+ ou linfocito T citotóxico é unha das células pertencentes ao sistema inmunitario. Procede da diferenciación tímica dun linfocito T.

Diferenciación a linfocito T CD8+ ou citotóxico

[editar | editar a fonte]

Cando o linfocito T inmaturo (procedente da medula ósea), chega ao timo, comeza a primeira maduración. Así, nos primeiros estadíos, a célula T comeza a producir o receptor de células T, de maneira asimétrica. Primeiro a subunidade β e logo a α. A gran maioría de TCRs expresados son o tipo αβ. Máis tarde comezan a expresar os complexos proteicos CD4 e CD8. Aqueles que produzan complexo CD8 serán os linfocitos CD8+ ou citotóxicos. Rematada a primeira fase de maduración, abandonan o timo e diríxense aos ganglios linfáticos.

Receptores de linfocito T

[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Receptor de células T

Trátase de receptores específicos de linfocitos T, chamados TCR (T-cell receptor en inglés). Estes receptores son complexos proteínicos que constan de varias subunidades. Recoñecen complexos de histocompatibilidade I no caso dos linfocitos T citotóxicos.

Funcións

[editar | editar a fonte]

A función primordial é a de inducir apoptose en células potencialmente tumorais e infectadas. Ten as posibilidades de:

  • Empregar o ligando de Fas (FasL), uníndoo ao receptor Fas da célula diana
  • Introducir na célula diana granzimas e activar directamente á caspase-3
  • Perforar a membrana da célula diana e destruíla pola entrada masiva de calcio nela

Regulación da actividade

[editar | editar a fonte]

O control destes linfocitos é múltiple: