Cabeceira
A cabeceira[1] ou testeira[2] é un moble que se pega á parte da cama onde se deita a cabeza. Antigamente usado para illarse do frío e da humidade, o seu uso moderno é o estético. Normalmente conta cuns pés independentes dos da cama para estabilizarse, aínda que vai pegado entre a cama e a parede.
Historia
[editar | editar a fonte]Historicamente, as cabeceiras servían para illar as camas das correntes de aire e do frío en edificios menos illados, estaban feitas de madeira mellor illante térmico ca pedra ou o ladrillo. Construídos para crear espazo baleiro contra a parede (facendo os piares extremos máis grosos), permitían que o aire máis frío baixase ao chan no canto de sobre a cama.[3]
Hoxe, en residencias con mellor calefacción e illamento, as cabeceiras cumpren principalmente unha función estética, así como funcións prácticas menores, como evitar que as almofadas se caian da cama. Poden incluír espazo para almacenar libros e bens persoais, e comodidades como luces ou teléfonos. As cabeceiras das camas hospitalarias poden incorporar funcións de coidados críticos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "cabeceira". academia.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "testeira". academia.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "The Headboards Original Purpose" [O propósito orixinal das cabeceiras]. mybedboard.com. Arquivado dende o orixinal o 2014. Consultado o 2023.