Saltar ao contido

Campo de Riazor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo de Riazor
Área en que estaba situado o campo de Riazor
Datos
Coordenadas43°22′13″N 8°24′57″O / 43.37025, -8.41575
LocalizaciónA Coruña, Galiza Galicia
Construción
Inauguración1909
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade6.000[1]
LocalíaDeportivo da Coruña
editar datos en Wikidata ]

O campo de Riazor foi un campo de fútbol na Coruña no que o Deportivo da Coruña xogou os seus partidos como local entre 1909 e 1944. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas.[2] O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ó Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:[3]

O partido foi bastante forte e moi lucido e agradou a concorrencia, que aplaudiu entusiasmada a ambos os equipos

Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ó actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.[3]

  1. "Curiosidades de la liga". La Región (en castelán) (8369). 1 de outubro de 1941. p. 4. Consultado o 23 de marzo de 2024. 
  2. "Riazor: Historia". RCD A Coruña. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Aguiar, Iván (13 de setembro de 2014). "Un viaje desde el Corralón de A Gaiteira" (en castelán). riazor.org. Consultado o 18 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]