Saltar ao contido

Circuíto de Mónaco

Circuíto de Mónaco
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración Usado como circuíto desde 1929
Outros nomes Circuíto de Montecarlo
Carreiras Fórmula 1
Gran Premio de Mónaco
Fórmula 2
Gran Premio de Mónaco
Fórmula E
Mónaco ePrix (anos impares)
Gran Premio de Mónaco Histórico
(anos pares)
Localización Monte Carlo, Mónaco
Capacidade 37.000 espectadores
Coordenadas
Circuíto (2015–presente) (Tabac moveuse lixeiramente)
Lonxitude km 3´337
Curvas 19 (7 esquerda, 12 dereita)
Récord tempo 1:12.909
Récord piloto Lewis Hamilton
Récord equipo Mercedes
Récord ano 2021
Circuíto (2003–2014) (Estreitamento, chicana máis lenta ná saída da sección da piscina)
Lonxitude km 3´340
Curvas 19
Récord tempo 1:14.439
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2004
Circuíto (1997–2002) (Redeseño ná sección da piscina)
Lonxitude km 3´370
Curvas 25
Récord tempo 1:18.023
Récord piloto Rubens Barrichello
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2002
Circuíto (1986–1996) (Engadida nova chicana)
Lonxitude km 3´328
Curvas 25
Récord tempo 1:21.076
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Benetton-Ford
Récord ano 1994
Circuíto (1976–1985) (A chicana do Porto máis pequena e máis rápida)
Lonxitude km 3´312
Curvas 23
Récord tempo 1:22.637
Récord piloto Italia Michele Alboreto
Récord equipo Ferrari
Récord ano 1985
Circuíto (1973–1975) (Redeseño na sección da piscina)
Lonxitude km 3´278
Curvas 20
Récord tempo 1:27.9
Récord piloto Ronnie Peterson
Récord equipo Lotus-Ford
Récord ano 1974
Circuíto orixinal (1929–1972)
Lonxitude km 3´145
Curvas 14
Récord tempo 1:22.2
Récord piloto Jackie Stewart
Récord equipo Tyrrell-Ford
Récord ano 1971
Circuíto Fórmula E (2015–presente)
Lonxitude km 1´765
Curvas 12
Récord tempo 52.385 seg.
Récord piloto Alemaña Pascal Wehrlein
Récord equipo Mahindra
Récord ano 2019
Vista do Circuíto

O Circuíto de Mónaco é un circuíto de carreiras urbano situado nas rúas dos barrios de Monte Carlo e La Condamine ao redor do porto do Principado de Mónaco que alberga o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1. Foi fundado en 1920 por Anthony Nogues.

Tamén se coñece como circuíto de Monte Carlo debido a que gran parte do seu percorrido está en "Monte Carlo".

Debido á súa especial configuración con curvas pechadas e rectas curtas, o que prima nel é a habilidade dos pilotos fronte á potencia das máquinas.

A idea dun Gran Premio polas rúas de Mónaco tívoa Anthony Noghès, presidente do Club Car de Mónaco e amigo próximo da familia gobernante Grimaldi. A carreira inaugural disputouse en 1929 e foi gañada por William Grover-Williams nun Bugatti.

Vista do porto cos boxes á esquerda

Características

[editar | editar a fonte]
Entrada e...
... saída da famosa pinza do Hotel Fairmont

A construción do circuíto leva seis semanas, e o desmantelamento logo da carreira tres semanas. O circuíto de carreiras ten moitos cambios de rasante, curvas pechadas, e estreitas. Estas características fan que quizais sexa a pista máis esixente das carreiras de Fórmula Un. Aínda que o trazado cambiou moitas veces durante a súa historia, aínda se considera como a última proba para demostrar a habilidade dos pilotos de Fórmula Un. Contén tanto a curva máis lenta na Fórmula Un (a pinza de Fairmont, tomada a só 46 km/h) e unha das máis rápidas (a peculiar curva do túnel, tres curvas máis aló da pinza, tomada a 260 km/h).

Debido á natureza estreita e revirada do circuíto, favorece a habilidade dos pilotos sobre a potencia dos coches, pero como o trazado é tan estreito e perigoso hai moi poucos adiantamentos. Nelson Piquet comparou a pista de carreiras como "montar unha carreira de bicicletas na túa sala de estar".[1] Antes de 1987, o número de automóbiles na saída da carreira limitouse a 20, en comparación cos 26 doutros circuítos. A sección do famoso túnel (que se corre baixo o Hotel Fairmont, marcado en gris no esbozo do circuíto) dise que é difícil para os pilotos debido ao rápido cambio de luz á escuridade e volta á luz de novo, nunha das zonas máis rápidas da carreira. Como consecuencia, o resultado da carreira adoita decidirse pola pole position, así como polas estratexias de boxes, é extremadamente duro coas caixas de cambios e os freos.

Fixéronse varios intentos para mellorar as condicións de amoreamento nos boxes. En 2002, foi extraída unha cantidade considerable de terra do porto para cambiar un pouco a forma dunha sección do circuíto, o que deixaba máis espazo para os novos boxes, que se estrearon na carreira de 2004.

Pódese admitir que o circuíto sexa menos seguro que outros circuítos utilizados para a Fórmula Un, o piloto e ex gañador Michael Schumacher declarou antes do Gran Premio de 2012 que o risco adicional é "xustificable unha vez ao ano".[2] Se non fose un Gran Premio xa existente, non se permitiría engadilo ao calendario da Fórmula Un, por razóns de seguridade.[3]

O trazado

[editar | editar a fonte]

A volta comeza cun sprint curto no Boulevard Alberte I, e despois hai unha estreita curva a dereitas chamada Santa Devota. Esta é unha curva de case 90 graos á dereita xeralmente tomada en primeira ou segunda marcha.[4] Esta curva viu moitos accidentes na primeira volta, aínda que agora son menos frecuentes xa que a eliminación da rotonda no vértice da curva antes da carreira de 2003, fixo que a entrada da curva máis ampla. Os coches diríxense costa arriba ao longo da avenida d'Ostende, antes de comezar a baixar cara a esquerda ao longo de Massenet.

Fóra de Massenet, os coches pasan por diante do famoso Casino antes de alcanzar rapidamente a chamada Praza do Casino. Esta parte da pista atópase 44 metros máis alta que a parte máis baixa. Os coches pasan pola pequena recta da Avenida das Belas Artes, evitando un enorme pote na parte esquerda da pista, un recordatorio da natureza única do circuíto. Leva á estreita curva de Mirabeau, que ven seguida por un curto descenso ata á aínda máis forte forquita Fairmont (era coñecida como a forquita da estación antes de que o hotel abrise as súas portas no lugar en 1973; o nome da forquita cambia dependendo do nome do hotel)[5]. É unha curva que se utilizou no pasado para moitas manobras de adiantamento. Pero, actualmente é case fisicamente imposible que dous coches de F1 modernos pasen á beira un do outro, xa que os pilotos deben utilizar o bloqueo completo da dirección para tomala. É tan forte que moitos equipos de Fórmula 1 deben redeseñar a súa dirección e suspensión especificamente para negociar esta curva.

Logo da forquita, os coches diríxense costa abaixo a unha dobre curva a dereitas coñecida como Portier antes de dirixirse cara ao famoso túnel que transcorre xusto por baixo do hotel Fairmont, unha característica única dun circuíto de Fórmula Un. (Ata 2009 só outro circuíto, Detroit en 1982-88, aparece un túnel, pero a F1 agora inclúe as carreiras no Circuíto de Yas Marina de Abu Zabi, que presenta un túnel máis curto na saída da rúa de boxes). Así como o cambio de luz dá unha pobre visibilidade,[6] un coche pode perder un 20-30 % do seu downforce debido ás propiedades aerodinámicas únicas do túnel.[6] O túnel tamén presenta un problema único cando chove. Como é interior, o túnel polo xeral permanece seco, mentres que o resto da pista está mollada. É famosa a moi chuviosa carreira de 1984, o xefe da Fórmula Un Bernie Ecclestone mandou aos bombeiros locais que mollasen o túnel para darlle o mesmo agarre na superficie que o resto da pista. Isto fíxose a petición do piloto de McLaren Niki Lauda.

Ao saír do túnel, os coches teñen que frear forte para pasar unha chicana esquerda-dereita-esquerda. Esta foi o escenario de varios grandes accidentes, incluído o de Karl Wendlinger de 1994, Jenson Button de 2003 e Sergio Pérez de 2011. A chicana é xeralmente o único lugar no circuíto onde pódense intentar os adiantamentos. Hai unha pequena recta ata a curva de Tabac, unha curva pechada de cuarta velocidade que se toma a uns 195 km/h.[7] Acelerando ata 225 km/h, os coches chegan á Piscina, unha rápida curva dereita-esquerda seguida dunha chicana máis lenta dereita-esquerda, que leva aos coches máis aló do Estadio Náutico Rainiero III, a súa piscina dá nome á curva.

Trala Piscina, hai unha pequena recta seguida dunha forte freada para unha curva rápida a esquerda que é seguida inmediatamente por unha estreita curva de 135 graos a dereita chamada La Rascasse. Esta é outra curva, que require o completo bloqueo da dirección, e será recordada por moito tempo como o escenario dunha das manobras máis sospeitosas na recente historia da Fórmula Un. Na tempada 2006, cando Michael Schumacher detivo deliberadamente o seu coche na cualificación co fin de evitar que Fernando Alonso e Mark Webber, que eran os dous seguintes e estaban en voltas rápidas, adiantaranlle na cualificación. La Rascasse deixa aos coches nunha pequena recta que precede á última curva, Virage Antony Noghes. Leva o nome do organizador do primeiro Gran Premio de Mónaco, a curva a dereita é estreita e deixa os coches de novo na recta de meta, para iniciar unha nova volta.

O trazado é considerado como un dos máis complexos de trazar, ademais de ser un dos máis perigosos. Aquí hanse de lamentar mortes como a de Lorenzo Bandini en 1967. Ademais producíronse outros graves accidentes como o mencionado antes de Wendlinger ou de Patrick Tambay no Gran Premio de Mónaco de 1984.

Adaptacións mecánicas

[editar | editar a fonte]
Vanwall VW7, amosando a ampla entrada do radiador "nariz de Mónaco" usada durante o Gran Premio de Mónaco de 1958

.

O circuíto urbano de Mónaco impón exixencias moi diferentes aos coches en comparación coa maioría dos outros circuítos utilizados durante unha tempada de campionato. Os coches están configurados con alta carga aerodinámica; non como se cre popularmente para aumentar as velocidades de curva, xa que moitas das curvas tómanse a unha velocidade tan baixa que anulan calquera efecto aerodinámico, senón para acurtar os tempos de freada e manter os coches estables baixo aceleración.[8] Moitos equipos usan conxuntos de ás especiais que incorporan planos activos adicionais ademais dos que se usan para outros circuítos. Os equipos Jordan e Arrows intentaron usar novas ás en 2001. O á de Arrows era similar ao dun alerón traseiro normal, pero máis pequeno e suspendido por riba do cono do nariz. Jordan tiña unha pequena á suspendida nun pequeno poste xusto diante do pilotor. Ambos deseñáronse para mellorar a carga aerodinámica, pero logo de probalos durante a práctica do xoves, a FIA prohibiu ambos.

O desgaste dos freos non é un problema durante unha carreira en Mónaco. En cambio, as baixas velocidades significan que o problema é manter os freos á temperatura de traballo. Os únicos puntos de forte freada ​​están na chicana despois do túnel e, en menor medida, nas curvas de "Sainte-Dévote" e "Mirabeau". Coa falta de temperatura, a mordedura do freo convértese nun problema, xa que a superficie do disco de freo de carbono queda liso como o vidro, reducindo a fricción entre as pastillas de freo e o disco, polo tanto, diminúe a potencia da freada [Cómpre referencia]. Para combater isto, en 2006, Juan Pablo Montoya adoptou discos con rañuras radiais que aumentaron a mordida entre o disco e as pastillas, aumentando a temperatura media dos freos.

Pola contra, a refrixeración dos motores dos coches é unha das principais preocupacións. Os coches de Fórmula Un non incorporan ningún tipo de refrixeración forzada, confiando unicamente no movemento do aire sobre o coche para eliminar a calor dos elementos do radiador. No pasado, moitos equipos axustaban as entradas do radiador para permitir un fluxo de aire adicional, creando o "nariz de Mónaco". Os equipos tamén empregan unha caixa de cambios máis curta, xa que en Mónaco case non hai longas rectas e a aceleración é moi alta. Tamén se monta unha creamalleira de dirección especial cun engrenaxe de piñón máis grande para permitir que os coches sexan conducidos ao redor das curvas máis estreitas. Algúns equipos de Fórmula 1 usan outros compoñentes deseñados especificamente para este circuíto.

Caracteirsticas do circuíto

[editar | editar a fonte]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Capacidade espectadores: 37.000
  • Lonxitude do circuíto: 3.340 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 78 voltas = 260´520 quilómetros. 19 curvas en total (12 dereita, 7 esquerda).
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 295 km/h con DRS, 285 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 45% do tempo de volta (moi baixo).
  • Tempo de freado: 21% do tempo da volta (alto).
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 25 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´28 segundos.
  • Marca volta: Michael Schumacher – Ferrari, 1.14.439 en 2004


Configuracións previas do circuíto, trazados e marcas por volta

[editar | editar a fonte]
Configuración Trazado Clase/categoría Evento Tempo Piloto Vehiculo
Circuíto de Gran Premio
(2015–presente)
(Tabac moveuse lixeiramente)
3,337 km (2,074 mi)
Fórmula 1 Gran Premio de Mónaco de 2021 1:12.909 Lewis Hamilton Mercedes-AMG F1 W12 E Performance
GP2 2016 Monaco GP2 Series round 1:21.554 Nobuharu Matsushita Dallara GP2/11
Fórmula 2 2017 Monte Carlo Formula 2 round 1:21.562 Oliver Rowland Dallara GP2/11
Formula Renault 3.5 Series 2015 Monaco Formula Renault 3.5 Series round 1:24.517[9] Oliver Rowland Dallara T12
FREC 2022 Monte Carlo FREC round 1:29.265[10] España Mari Boya Tatuus F.3 T-318
Fórmula 1 Histórica Gran Premio de Mónaco de 2022 Histórico 1:30.946 Stuart Hall McLaren M23
Fórmula Renault Eurocup 2017 Monaco Formula Renault Eurocup round 1:31.222[11] Luxemburgo Max Defourny Tatuus FR2.0/13
Fórmula E ePrix de Mónaco de 2022 1:32.707 Países Baixos Robin Frijns Audi e-tron FE07
GT3 2021 Monaco Porsche Supercup round 1:34.118[12] Países Baixos Larry ten Voorde Porsche 911 (992) GT3 Cup
Fórmula 2 Histórica Gran Premio de Mónaco de 2018 Histórico 1:53.633 Nick Padmore Lotus 16
Gran Premio de preguerra 2022 Historic Grand Prix of Monaco 2:00.103 Mark Gillies ERA R3A
Sports Cars Históricos 2022 Historic Grand Prix of Monaco 2:00.286 Frederic Wakeman Cooper T38 (Mk2)
Circuíto de Fórmula E ampliado
(2021)
(cambios en Nouvelle Chicane)
3,318 km (2,062 mi)
Fórmula E ePrix de Mónaco de 2021 1:34.428 Bélxica Stoffel Vandoorne Mercedes-EQ Silver Arrow 02
Circuíto curto de Fórmula E
(2015–2019)
1,765 km (1,097 mi)
Fórmula E ePrix de Mónaco de 2019 0:52.385 Alemaña Pascal Wehrlein Mahindra M5Electro
Jaguar I-Pace eTrophy 2019 Monaco Jaguar I-Pace eTrophy round 1:04.817[13] Cacá Bueno Jaguar I-Pace eTrophy (racecar)
Cirtcuíto de Gran Premio
(2003–2014)
(chicane máis lenta e apertada á saída da sección da piscina)
3,340 km (2,075 mi)
Fórmula 1 Gran Premio de Mónaco de 2004 1:14.439 Alemaña Michael Schumacher Ferrari F2004
GP2 2008 Monaco GP2 Series round 1:21.338 Bruno Senna Dallara GP2/08
Formula Renault 3.5 Series 2012 Monaco Formula Renault 3.5 Series round 1:22.916[14] Francia Jules Bianchi Dallara T12
F3000 2004 Monaco F3000 round 1:26.911[15] República Checa Tomas Enge Lola B02/50
Fórmula 3 Gran Premio de Mónaco de 2005 de Fórmula 3 1:28.017[16] Alemaña Adrian Sutil Dallara F305
GP3 2012 Monaco GP3 Series round 1:28.747 Modelo:PHIb Marlon Stöckinger Dallara GP3/10
Fórmula 1 Histórica Gran Premio de Mónaco Histórico de 2010 1:32.989 Bobby Verdon-Roe McLaren M26
Fórmula 3 2000cc Histórica Gran Premio de Mónaco Histórico de 2022 1:40.555 Ben Barker Lola T670
Fórmula 2 Histórica Gran Premio de Mónaco Histórico de 2012 1:53.113 Duncan Dayton Lotus 16
Fórmula Junior Gran Premio de Mónaco Histórico de 2006 1:54.730 Denis Welch Merlyn Mk5/7
Fórmula 3 1000cc Histórica Gran Premio de Mónaco Histórico de 2010 1:57.181 Francia François Derossi Chevron B17
Gran Premio de pre-guerra Gran Premio de Mónaco Histórico de 2014 1:59.058 Matthew Grist Alfa Romeo P3
Sports Cars Histórico Gran Premio de Mónaco Histórico de 2014 1:59.920 Alex Buncombe Jaguar C-Type
Circuíto de Gran Premio
(1997–2002)
(sección da piscina redeseñada)
3,370 km (2,094 mi)
Fórmula 1 Gran Premio de Mónaco de 2002 1:18.023 Rubens Barrichello Ferrari F2002
F3000 2002 Monaco F3000 round 1:28.964[17] República Checa Tomas Enge Lola B02/50
Fórmula 3 Gran Premio de Mónaco de Fórmula 3 de 1997 1:32.935[18] Alemaña Nick Heidfeld Dallara F397
Fórmula 1 Histórica Gran Premio de Mónaco Histórico de 2002 1:44.182 Trevor Reeves Tyrrell 008
Fórmula Junior Gran Premio de Mónaco Histíco de 2002 1:56.997 Denis Welch Merlyn
Sports Cars Históricos Gran Premio de Mónaco Histórico de 1997 2:02.703 Lindsay Owen-Jones Maserati Tipo 61
Gran Premio pre-guerra Gran Premio de Mónaco Histórico de 2000 2:11.899 Julian Majzub Bugatti Type 35B
Circuíto de Gran Premio
(1986–1996)
(Engadida nova chicana)
3,328 km (2,068 mi)
Fórmula 1 Gran Premio de Mónaco de 1994 1:21.076 Alemaña Michael Schumacher Benetton B194
Fórmula 3 Gran Premio de Mónaco de 1996 de Fórmula 3 1:34.654[19] Italia Andrea Boldrini Dallara F395
Circuíto de Gran Premio
(1976–1985)
(usando curvas máis pechadas de Sainte Devote e Anthony Noghes)
3,312 km (2,058 mi)
Fórmula 1 Gran premio de Mónaco de 1985 1:22.637 Italia Michele Alboreto Ferrari 156/85
Fórmula 3 1984 Monaco Grand Prix Formula Three 1:33.617[20] Italia Claudio Langes Ralt RT3
Circuíto de Gran Premio
(1973–1975)
(redeseñado con novo túnel, sección de piscina)
3,278 km (2,037 mi)
Fórmula 1 Gran Premio de Mónaco de 1974 1:27.900 Ronnie Peterson Lotus 72E
Fórmula 3 1975 Monaco European F3 round 1:34.600[21] Tony Brise Modus M1
Circuíto de Gran Premio
(1972)
(a chicana do porto afastouse máis do túnel)
3,145 km (1,954 mi)
150px Fórmula 3 1972 Monaco Grand Prix Formula Three 1:32.700[22] David Purley Ensign LNF3/71
Fórmula 1 Gran Premio de Mónaco de 1972 1:40.000 Francia Jean-Pierre Beltoise BRM P160B
Circuíto Orixinal do Gran Premio
(1929–1971)
3,145 km (1,954 mi)
Fórmula 1 Gran Premio de Mónaco de 1971 1:22.200 Jackie Stewart Tyrrell 004
Fórmula 3 1969 Monaco Grand Prix Formula Three 1:32.300[23] Reine Wisell Chevron B15
Fórmula Junior 1963 Monaco Grand Prix Formula Junior 1:39.500[24] Australia Frank Gardner Brabham BT6

Mortes por accidentes

[editar | editar a fonte]
O túnel
Esquema do circuíto.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mónaco

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 1950 Juan Manuel Fangio Alfa Romeo Alfa Romeo P 3:13:18,700 h 3,180 km 100 098,701 km/h 21. maio Mónaco
2 1955 Francia Maurice Trintignant Ferrari Ferrari E 2:58:09,800 h 3,145 km 100 105,914 km/h 22. maio
3 1956 Stirling Moss Maserati Maserati P 3:00:32,900 h 3,145 km 100 104,515 km/h 13. maio
4 1957 Juan Manuel Fangio Maserati Maserati P 3:10:12,800 h 3,145 km 105 104,165 km/h 19. maio
5 1958 Francia Maurice Trintignant Cooper Climax D 2:52:27,900 h 3,145 km 100 109,414 km/h 18. maio
6 1959 Australia Jack Brabham Cooper Climax D 2:55:51,300 h 3,145 km 100 107,304 km/h 10. maio
7 1960 Stirling Moss Lotus Climax D 2:53:45,500 h 3,145 km 100 108,599 km/h 29. maio
8 1961 Stirling Moss Lotus Climax D 2:45:50,100 h 3,145 km 100 113,788 km/h 14. maio
9 1962 Bruce McLaren Cooper Climax D 2:46:29,700 h 3,145 km 100 113,337 km/h 3. xuño
10 1963 Graham Hill B.R.M. B.R.M. D 2:41:49,700 h 3,145 km 100 116,605 km/h 26. maio
11 1964 Graham Hill B.R.M. B.R.M. D 2:41:19,500 h 3,145 km 100 116,969 km/h 10. maio
12 1965 Graham Hill B.R.M. B.R.M. D 2:37:39,600 h 3,145 km 100 119,688 km/h 30. maio
13 1966 Jackie Stewart B.R.M. B.R.M. D 2:33:10,500 h 3,145 km 100 123,192 km/h 22. maio
14 1967 Denis Hulme Brabham Repco G 2:34:34,300 h 3,145 km 100 123,079 km/h 7. maio
15 1968 Graham Hill Lotus Ford F 2:00:32,300 h 3,145 km 80 125,238 km/h 26. maio
16 1969 Graham Hill Lotus Ford F 1:56:59,400 h 3,145 km 80 129,037 km/h 18. maio
17 1970 Austria Jochen Rindt Lotus Ford F 1:54:36,600 h 3,145 km 80 131,716 km/h 10. maio
18 1971 Jackie Stewart Tyrrell Ford G 1:52:21,300 h 3,145 km 80 134,360 km/h 23. maio
19 1972 Francia Jean-Pierre Beltoise B.R.M. B.R.M. F 2:26:54,700 h 3,145 km 80 102,756 km/h 14. maio
20 1973 Jackie Stewart Tyrrell Ford G 1:57:44,300 h 3,278 km 78 130,298 km/h 3. xuño
21 1974 Ronnie Peterson Lotus Ford G 1:58:03,700 h 3,278 km 78 129,941 km/h 26. maio
22 1975 Austria Niki Lauda Ferrari Ferrari G 2:01:21,310 h 3,278 km 75 121,552 km/h 11. maio
23 1976 Austria Niki Lauda Ferrari Ferrari G 1:59:51,470 h 3,278 km 78 127,994 km/h 30. maio
24 1977 Jody Scheckter Wolf Ford G 1:57:52,770 h 3,312 km 76 128,120 km/h 22. maio
25 1978 Francia Patrick Depailler Tyrrell Ford G 1:55:14,660 h 3,312 km 75 129,325 km/h 7. maio
26 1979 Jody Scheckter Ferrari Ferrari M


1:55:22,480 h 3,312 km 76 130,902 km/h 27. maio
27 1980 Carlos Reutemann Williams Ford G 1:55:34,365 h 3,312 km 76 130,677 km/h 18. maio
28 1981 Gilles Villeneuve Ferrari Ferrari M


1:54:23,380 h 3,312 km 76 132,029 km/h 31. maio
29 1982 Italia Riccardo Patrese Brabham Ford G 1:54:11,259 h 3,312 km 76 132,262 km/h 23. maio
30 1983 Finlandia Keke Rosberg Williams Ford G 1:56:38,121 h 3,312 km 76 129,487 km/h 15. Mai
31 1984 Francia Alain Prost McLaren Porsche (TAG) M


1:01:07,740 h 3,312 km 31 100,776 km/h 3. xuño
32 1985 Francia Alain Prost McLaren Porsche (TAG) G 1:51:58,034 h 3,312 km 78 138,435 km/h 19. maio
33 1986 Francia Alain Prost McLaren Porsche (TAG) G 1:55:41,060 h 3,328 km 78 134,634 km/h 11. maio
34 1987 Ayrton Senna Lotus Honda G 1:57:54,085 h 3,328 km 78 132,102 km/h 31. maio
35 1988 Francia Alain Prost McLaren Honda G 1:57:17,077 h 3,328 km 78 132,797 km/h 15. maio
36 1989 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:53:33,251 h 3,328 km 77 135,401 km/h 7. maio
37 1990 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:52:46,982 h 3,328 km 78 138,097 km/h 27. maio
38 1991 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:53:02,334 h 3,328 km 78 137,785 km/h 12. maio
39 1992 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:50:59,372 h 3,328 km 78 140,329 km/h 31. maio
40 1993 Ayrton Senna McLaren Ford G 1:52:10,947 h 3,328 km 78 138,837 km/h 23. maio
41 1994 Alemaña Michael Schumacher Benetton Ford G 1:49:55,372 h 3,328 km 78 141,691 km/h 15. maio
42 1995 Alemaña Benetton Renault G 1:53:11,258 h 3,328 km 78 137,604 km/h 28. maio
43 1996 Francia Olivier Panis Ligier Mugen G 2:00:45,629 h 3,328 km 78 124,014 km/h 19. maio
44 1997 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 2:00:05,654 h 3,367 km 62 104,295 km/h 11. maio
45 1998 Finlandia McLaren Mercedes B 1:51:23,595 h 3,367 km 78 141,459 km/h 24. maio
46 1999 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:49:31,812 h 3,367 km 78 143,865 km/h 16. maio
47 2000 David Coulthard McLaren Mercedes B 1:49:28,213 h 3,370 km 78 144,072 km/h 4. xuño
48 2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:47:22,561 h 3,370 km 78 146,882 km/h 27. maio
49 2002 David Coulthard McLaren Mercedes M


1:45:39,055 h 3,370 km 78 149,280 km/h 26. maio
50 2003 Juan Pablo Montoya Williams BMW M


1:42:19,012 h 3,340 km 78 152,772 km/h 1. xuño
51 2004 Italia Jarno Trulli Renault Renault M


1:45:46,601 h 3,340 km 77 145,881 km/h 23. maio
52 2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren Mercedes M


1:45:15,556 h 3,340 km 78 148,502 km/h 22. maio
53 2006 España Fernando Alonso Renault Renault M


1:43:43,116 h 3,340 km 78 150,708 km/h 28. maio
54 2007 España Fernando Alonso McLaren Mercedes B 1:40:29,329 h 3,340 km 78 155,552 km/h 27. maio
55 2008 Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 2:00:42,742 h 3,340 km 76 126,170 km/h 25. maio
56 2009 Jenson Button Brawn Mercedes B 1:40:44,282 h 3,340 km 78 155,167 km/h 24. maio
57 2010 Australia Mark Webber Red Bull Renault B 1:50:13,355 h 3,340 km 78 141,815 km/h 16. maio
58 2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 2:09:38,373 h 3,340 km 78 120,574 km/h 29. maio
59 2012 Australia Mark Webber Red Bull Renault P 1:46:06,557 h 3,340 km 78 147,312 km/h 27. maio
60 2013 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 2:17:52,056 h 3,340 km 78 113,378 km/h 26. maio
61 2014 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:49:27,661 h 3,340 km 78 142,802 km/h 25. maio
62 2015 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:49:18,420 h 3,337 km 78 142,876 km/h 24. maio
63 2016 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:59:29,133 h 3,337 km 78 130,703 km/h 29. Mai
64 2017 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:44:44,340 h 3,337 km 78 149,105 km/h 28. maio
65 2018 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Renault (TAG Heuer) P 1:42:54,807 h 3,337 km 78 151,750 km/h 27. maio
66 2019 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:43:28,437 h 3,337 km 78 150,928 km/h 26. maio
- 2020 Cancelada debido a Pandemia de COVID-19
67 2021 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Honda P 1:38:56,820 h 3,337 km 78 157,833 km/h 23. maio
68 2022 Sergio Pérez Red Bull RBPT P 1:56:30.265 h 3,337 km 64 109,988 km/h 29. maio
69 2023 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Honda RBPT P 1:48:51,980 h 3,337 km 78 143,450 km/h 28. maio
70 2024 Charles Leclerc Ferrari Ferrari P 2:23:15.554 h 3,337 km 78 km/h 26. maio
Podio en 2019

Récord
Piloto: Ayrton Senna (6), Graham Hill/Michael Schumacher (5 cada un)
País: Reino Unido (17), Alemaña (10), Francia (9)
Construtor: McLaren (15), Ferrari (9), Lotus (7)
Motor: Ford (13), Mercedes (12), Ferrari (9)
Penu.r: Goodyear (24), Pirelli (12), Dunlop (9)

  1. http://www.motorsportmagazine.com/2011/05/24/monaco-challenge-remains-unique/
  2. Benson, Andrew. "BBC Sport – Michael Schumacher says risk of racing at Monaco is "justifiable"". BBC. Consultado o 19 de maio de 2012. 
  3. Mansell, Nigel; Allsop, Derick (1989). In the Driving Seat: A Guide to the Grand Prix Circuits. Stanley Paul & Co. p. 32. ISBN 0-09-173818-0. Consultado o 24 de maio de 2012. 
  4. Smith, B. (31 de decembro de 1995). Reliant Motors Formula 1 Annual. Words on Sport Limited. ISBN 978-1-898351-25-2. Consultado o 24 de maio de 2012. 
  5. Schleicher, Robert (3 de novembro de 2002). Slot Car Bible. Voyageur Press. p. 62. ISBN 978-0-7603-1153-0. Consultado o 26 de maio de 2012. 
  6. 6,0 6,1 In The Driving Seat, Page 42
  7. In The Driving Seat, Page 43
  8. "Monaco - a Formula One set-up guide". www.formula1.com. 19 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15/06/2009. Consultado o 25 de setembro de 2018.  [aerodynamics section]
  9. "2015 Monaco Formula Renault 3.5 Race Statistics". Consultado o 16 de maio de 2022. 
  10. "2022 Monaco FREC Race 2 Statistics". Consultado o 29 de maio de 2022. 
  11. "2017 Monaco Formula Renault Eurocup Race 2 Statistics". Consultado o 16 de maio de 2022. 
  12. "2021 Monaco Porsche Supercup Race Statistics". Consultado o 16 de maio de 2022. 
  13. "Jaguar I-PACE eTROPHY Series Round 7 - Monaco ePrix Race (25' +1 Lap) Final Classification". Consultado o 16 de maio de 2022. 
  14. "2012 Monaco Formula Renault 3.5 Race Statistics". Consultado o 16 de maio de 2022. 
  15. "2004 Monaco F3000". Consultado o 16 de maio de 2022. 
  16. "2005 Monaco F3". Consultado o 16 de maio de 2022. 
  17. "2002 Monaco F3000". Consultado o 16 de maio de 2022. 
  18. "39e Grand Prix de Monaco F3 Ergebnis Rennen" (PDF). Consultado o 21 de maio de 2022. 
  19. "38e Grand Prix de Monaco F3 Ergebnis Rennen" (PDF). Consultado o 21 de maio de 2022. 
  20. "26e Grand Prix de Monaco F3 Ergebnis Rennen" (PDF). Consultado o 21 de maio de 2022. 
  21. "1975 Monaco F3". Consultado o 16 May 2022. 
  22. "14e Grand Prix de Monaco F3 Ergebnis Vorlauf 1" (PDF). Consultado o 21 de maio de 2022. 
  23. "11e Grand Prix de Monaco F3 Ergebnis Finalrennen" (PDF). Consultado o 21 de maio de 2022. 
  24. "5e Grand Prix de Monaco Formula Junior Ergebnis Finalrennen" (PDF). Consultado o 21 de maio de 2022. 
  25. 25,0 25,1 25,2 David Hayhoe; David Holland; Steve Rider (29 de marzo de 2006). Grand Prix Data Book: A Complete Statistical Record of the Formula 1 World Championship Since 1950. Haynes Publishing. ISBN 978-1-84425-223-7. Consultado o 24 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]