Saltar ao contido

Durban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDurban
Vista aérea
Imaxe

EpónimoBenjamin d'Urban (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 29°51′30″S 31°01′30″L / -29.8583, 31.025
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirKwaZulu-Natal
Municípios metropolitanos da África (pt) TraducireThekwini Metropolitan Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación595.061 (2011) Editar o valor en Wikidata (2.634,06 hab./km²)
Xeografía
Superficie225,91 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude22 m Editar o valor en Wikidata
Creación1835 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal4001 e 4000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico031 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdurban.gov.za Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5473683
Vista da praia e da cidade de Durban.

Durban (eThekwinien en zulú) é unha cidade da provincia de KwaZulu-Natal, Suráfrica, localízase nunha baía natural e ten un dos maiores portos do océano Índico.

Posúe 3.100.000 habitantes. O 68,3 % dos habitantes son de etnia negra, o 19,9 % son asiáticos, o 8,98 % son brancos e o 2,82 % colorados. O 63 % da poboación fala zulú, 30% inglés, 3'4% xosa, 1'4% afrikaans, 0'7 % sesotho.

O 25 de decembro de 1497 o explorador portugués Vasco da Gama ancorou na actual localización da cidade e deulle o nome de Río de Natal, pero non deixou ningún asentamento europeo e o territorio seguiu pertencendo aos zulús.

En 1824 Francis Farewell e Henry Fynn, aventureiros e comerciantes británicos deixaron a colonia do Cabo para establecer un negocio de comercio de marfil en Natal, máis tarde uníuselles Nathaniel Isaacs que marchara na súa busca e xuntos estableceron un posto comercial nun terreo que lles dera o rei Shaka dos zulús, que denominaron Port Natal, o pequeno asentamento converteuse nunha cidade e en 1835 déronlle o nome de Durban, en honra do gobernador da colonia do Cabo, Benjamin d'Urban. Os boers establecéronse sobre as montañas de Drakensberg en 1838 e, despois dunha serie de batallas, o goberno do Cabo construíu un forte. En 1844 o territorio pasou a formar parte da colonia do Cabo e os colonos británicos comezaron a establecerse na cidade. A partir de 1860 os británicos trouxeron milleiros de traballadores da India e doutros países asiáticos para traballaren nos campos de cana de azucre. Mahatma Gandhi viviu na cidade, e foi onde adquiriu conciencia política, ao ver a discriminación que sufrían os indios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Web oficial de Durban (en inglés)