Dvorana Železnik
Železnik Hall | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 44°43′53″N 20°22′36″L / 44.731311, 20.376667 |
Localización | Belgrado |
Construción | |
Inauguración | 1 de xuño de 1973 |
Estadio | |
Capacidade | 3.000 espectadores |
Propietario | Belgrado |
Localía | KK FMP |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Železnik Hall (en serbio: Дворана Железник, Dvorana Železnik) é un pavillón de baloncesto situado no barrio de Železnik en Belgrado, Serbia. A cancha é actualmente fogar do KK FMP.
A cancha de baloncesto ten tres niveis e unha área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "KK FMP. Dvorana". KK FMP. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 30 de abril de 2018.