Easy On Me
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
«Easy On Me» é unha canción composta e interpretada pola cantautora británica Adele para o seu cuarto álbum de estudo, 30 (2021). O tema foi lanzado ao mercado musical o 15 de outubro de 2021 a través de Columbia Records como o sinxelo principal de dito disco.[1] O tema marca o seu retorno á industria musical despois de máis de cinco anos de inactividade.[2] Adele escribiu a canción xunto a Greg Kurstin, quen tamén a produciu. Unha balada de produción minimalista, «Easy On Me» expresa temas de nostalxia, arrepentimento e perdón. A letra da canción representa a súplica de Adele ao seu fillo, pedíndolle que sexa paciente con ela e os seus problemas posteriores ao divorcio.[3]
Tras o seu lanzamento, «Easy On Me» recibiu comentarios positivos por parte dos críticos da música, eloxiando a súa letra conmovedora e a súa voz sentimental, aínda que algúns opinaron que a canción non coincidía coa altura dos seus sinxelos anteriores. O vídeo musical estreouse o mesmo día de lanzamento do sinxelo e foi dirixido polo cineasta canadense Xavier Dolan. Comercialmente, a canción obtivo marcas de maior cantidade de reproducións dunha canción nun día nas plataformas de música vía streaming de Spotify e Amazon Music.[4][5]
Antecedentes e promoción
[editar | editar a fonte]A partir do 1° de outubro de 2021, apareceron varios carteis e cercas publicitarias do número «30» en importantes monumentos e edificios en diferentes cidades do mundo.[6] Por mor disto, especulouse que todo estaba vinculado en gran medida ao título do próximo álbum de estudo de Adele.[7] O 4 de outubro, o sitio web da cantante e as súas contas oficiais en redes sociais actualizáronse por primeira vez en meses.[8] Ao día seguinte, a cantante publicou un adianto da canción e o seu vídeo musical a través dun clip instrumental que difundiu nas súas redes sociais.[9] Durante unha entrevista coa revista Vogue, Adele contou que traballou con Greg Kurstin na canción, quen estivo a cargo da produción.[10]
Vídeo musical
[editar | editar a fonte]O vídeo musical de «Easy on Me» filmouse do 15 ao 16 de setembro de 2021 en Quebec e foi dirixido polo cineasta Xavier Dolan quen previamente xa traballara con Adele no vídeo musical da súa canción «Hello».[11] A rodaxe tivo lugar no Chemin Jordan e o Domaine Dumont Chapelle Ste-Agnès na cidade de Sutton, situada no suroeste de Quebec.[12]
Comentarios da crítica
[editar | editar a fonte]Tras o seu lanzamento, «Easy On Me» recibiu comentarios positivos por parte dos críticos musicais.[13] Neil McCormick de The Daily Telegraph cualificou a canción como un «sinxelo de regreso audaz», contrastando «Easy On Me» que ten un arranxo simple de piano coa produción dunha balada poderosa como «Hello». Outorgoulle á canción unha cualificación de cinco estrelas de cinco, escribindo "Adele posúe a voz que atravesa no máis profundo na alma do mundo e canta con todo o seu corazón nesta canción."[14] O escritor de Evening Standard, Jochan Embley, eloxiou «Easy On Me» polo seu piano melancólico, a súa elegante voz e as súas melodías «harmoniosas». Embley agrega que a canción é un testemuño da resistencia de Adele ás tendencias da música pop, manténdose fiel ao seu estilo.[15] Por outra banda, Nick Levine de NME dixo: «Adele nunca soou mellor» como en «Easy On Me», facendo un regreso cunha «peza de balada clásica de Adele».[16]
Resultados comerciais
[editar | editar a fonte]«Easy On Me» saíu ao mercado musical o 15 de outubro de 2021 mediante o selo discográfico de Columbia Records. Tras o seu lanzamento, a canción rompeu a marca da canción máis reproducida nun só día en Spotify con máis de 24 millóns de reproducións globais, así como tamén a marca da canción máis reproducida nunha soa semana con 84.3 millóns de reproducións.[17] Así mesmo, rompeu dúas marcas máis en Amazon Music, o primeiro coa maior cantidade de reproducións no seu primeiro día a nivel mundial e o segundo coa maior cantidade de solicitudes de reprodución a Alexa durante o primeiro día para calquera canción en toda a historia de dita plataforma.[18]
Posicionamento en listas
[editar | editar a fonte]País | Lista certificadora | Mellor posición |
---|---|---|
Alemaña | GfK Entertainment Charts[19] | 1 |
Arxentina | Arxentina Hot 100 (Billboard)[20] | 51 |
Top 20 monitorLATINO AR[21] | 6 | |
Australia | ARIA[22] | 1 |
Austria | Ö3 Austria Top 40[23] | 1 |
Bélxica | Ultratop 50 Singles (Flandes)[24] | 1 |
Canadá | Canadian Hot 100 (Billboard)[25] | 1 |
España | PROMUSICAE[26] | 12 |
Estados Unidos | Billboard Hot 100[27] | 1 |
Adult Contemporary (Billboard)[28] | 1 | |
Francia | SNEP[29] | 2 |
India | IMI[30] | 9 |
Irlanda | IRMA[31] | 1 |
Italia | FIMI[32] | 1 |
Lituania | AGATA[33] | 1 |
Noruega | VG-lista[34] | 1 |
Nova Zelandia | Recorded Music NZ[35] | 1 |
Países Baixos | Nederlandse Top 40[36] | 1 |
Reino Unido | UK Singles Chart[37] | 1 |
Historial de lanzamento
[editar | editar a fonte]Rexión | Data | Formato(s) | Discográfica | Ref. |
---|---|---|---|---|
Mundialmente | 15 de outubro de 2021 | Columbia | ||
Estados Unidos | 18 de outubro de 2021 | Adult contemporary radio | [38] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adele presentó “Easy On Me”, la primera canción de su nuevo álbum". Infobae. 15 de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2021.
- ↑ "Adele anuncia regreso a la música después de 5 años con “Easy On Me”". LifeBoxset. 5 de outubro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2021.
- ↑ ""Easy on Me": un homenaje de Adele al divorcio, al duelo y a la esperanza después de una ruptura". Infobae. 15 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ "Adele batió el récord de escuchas en un día en Spotify con ‘Easy On Me’". Billboard Argentina. 21 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ Mora, Francisca (17 de outubro de 2021). "Adele rompe récord en plataformas de streaming con “Easy On Me”". LOS40 Chile. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ "Las vallas publicitarias de Adele ’30’ apuntan a un nuevo álbum". 2 de outubro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ "Adele podría regresar a la música; en todo el mundo aparecieron extraños carteles con el número '30'". LOS40 México. 6 de outubro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2021.
- ↑ Fowler, Jean.G (4 de outubro de 2021). "Adele da señales de su regreso: ¿Por qué actualizó sus perfiles en redes sociales?". Telehit. Consultado o 12 de outubro de 2021.
- ↑ Agencia EFE, ed. (5 de outubro de 2021). "Adele publica breve adelanto de su nuevo sencillo “Easy On Me”". El Espectador. Consultado o 12 de outubro de 2021.
- ↑ Kreps, Daniel (11 de outubro de 2021). "Adele comparte un adelanto de su próximo sencillo, ‘Easy on Me’". Rolling Stone. Consultado o 12 de outubro de 2021.
- ↑ Blais-Poulin, Charles-Éric (5 de outubro de 2021). "Un nouveau clip d’Adele signé Dolan et tourné au Québec". La Presse (en francés). Consultado o 12 de outubro de 2021.
- ↑ "Adele aurait tourné son dernier clip au Québec... avec Xavier Dolan". 24 Heures (en francés). 5 de outubro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2021.
- ↑ Woodyatt, Amy (15 de outubro de 2021). "Adele's new single, 'Easy On Me,' has finally dropped. So what's the verdict?". Herald Review (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2021.
- ↑ McCormick, Neil (15 de outubro de 2021). "Adele, Easy On Me, review: The voice that digs deepest into the soul of the world". The Daily Telegraph (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2021.
- ↑ Embley, Jochan (15 de outubro de 2021). "Adele - Easy On Me first-listen review: She’s back, and she’s still sublime". Evening Standard (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2021.
- ↑ Levine, Nick (15 de outubro de 2021). "Adele’s voice has never sounded better than on her stunning new song ‘Easy On Me’". NME (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2021.
- ↑ "“Easy on Me” de Adele batió el récord de Spotify de la canción más escuchada en sus primeras 24 horas". CNN Chile. 17 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ Mukhtar, Amel (18 de outubro de 2021). "Adele sigue rompiendo récords con el sencillo “Easy On Me”". Vogue México. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ ""Adele – Easy on Me" - Offizielle Deutsche Charts". Offizielle Deutsche Charts (en alemán). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Chart - Billboard Argentina". Billboard Argentina. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Title - monitorLATINO". monitorLATINO. Consultado o 29 de outubro de 2021.
- ↑ ""Adele – Easy on Me". ARIA Top 50 Singles". Australian charts portal (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ ""Adele – Easy on Me". Ö3 Austria Top 40". austriancharts.at (en alemán). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ ""Adele – Easy on Me" - Ultratop 50". ultratop.be (en neerlandés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Adele Chart History (Canadian Hot 100)". Billboard (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ ""Adele – Easy on Me" - spanishcharts" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2021.
- ↑ Trust, Gary (25 de outubro de 2021). "Adele's 'Easy on Me' Blasts to No. 1 on Billboard Hot 100". Billboard (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Adele Chart History (Adult Contemporary)". Billboard (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2021.
- ↑ "Top Singles (Week 42, 2021)". SNEP (en francés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Top 20 Charts – IMI - Indian Music Industry". IMI Charts (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Official Irish Singles Chart Top 50". Official Charts (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Adele - Easy On Me". italiancharts.com (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "2021 42-os savaitės klausomiausi (Top 100)". Agata (en lituano). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "VG-lista – Topp 20 Single 2021-42". vglista.no (en noruego). Consultado o 13 de novembro de 2021.
- ↑ ""Adele – Easy on Me" - Top 40 Singles". charts.org.nz (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Nederlandse Top 40 – week 43, 2021". top40.nl (en neerlandés). Consultado o 13 de novembro de 2021.
- ↑ "Official Singles Chart Top 100". Official Charts (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Hot/Modern/AC Future Releases". Consultado o 7 de outubro de 2021.