Eparquía
Unha eparquía é unha circunscrición civil do Imperio Bizantino, e tamén unha subdivisión da diocese na organización relixiosa bizantina.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo eparca empregábase no imperio Seléucida para referirse a un alto cargo administrativo. Deriva do grego ἐπί epí "sobre" e de ἀρχεία arkhéia "goberno", para indicar o funcionario responsábel do goberno sobre un territorio particular, chamado ἐπαρχία (eparkhía) en grego (en latín eparchia).
Eparquía no Imperio bizantino
[editar | editar a fonte]Tras a reforma teodosiana, o termo eparquía foi empregado polo Impero Romano de Oriente para indicar unha circunscrición administrativa equivalente á provincia latina. Tales entidades desapareceron despois do século VII coa institucións dos temas. Na capital Constantinopla, en cambio, o título de eparca do pretorio ou eparca de Constantinopla (grego: ἔπαρχος τοῦ πραιτωρίου, éparkhos tû praitoríu) pasou a indicar, a finais do Imperio, o prefecto do pretorio de Oriente e gobernador da cidade.
Eparquía nas igrexas cristiás
[editar | editar a fonte]O termo eparquía emprégase en moitas igrexas cristiás para indicar unha circunscrición administrativa ou relixiosa. O correspondente título á súa fronte é o de eparca ou bispo. O termo úsase para indicar algunhas subdivisións nas Igrexas Ortodoxas, e nalgunhas Igrexas católicas de rito oriental chámase eparquía a unha porción de territorio e de fieis que son confiados á cura pastoral dun eparca ou bispo; a eparquía xa que logo é totalmente correspondente á diocese da Igrexa Latina. As eparquías (e os seus eparcas) réxense polos canons 177-310 do Código dos Canons das Igrexas Orientais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballeira Anllo, Xosé Mª (coord.) (2000). "Eparquía". En Cid Cabido, Xosé (ed.). Gran Diccionario Xerais da Lingua. Vigo: Xerais. p. 800.