Saltar ao contido

Estrabón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEstrabón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Στράβων Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 63 a. C. Editar o valor en Wikidata
Amasia, Grecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 ↔ 24 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Amasia, Grecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeógrafo, filósofo, historiador, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresBoeto de Sídon (pt) Traducir, Tyrannion of Amisus (en) Traducir e Aristodemus of Nysa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1110117


Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24 d.C., foi un xeógrafo e historiador grego, que viviu durante o período de transición dende a República romana até a etapa do Imperio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía), no Ponto, que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma. Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía.

Europa segundo Estrabón coa localización das Casitérides.

Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.

A súa Geographika, que comprende 17 libros pódese considerar unha enciclopedia do coñecemento xeográfico da súa época. Consérvase completa, agás algúns fragmentos do Libro VII.

  • Os libros I e II constitúen unha longa introdución á obra.
  • Os libros III a X describen Europa, con especial atención a Grecia.
  • Os libros XI e XVII describen Asia Menor.
  • O libro XVII describe África (Exipto e Libia).

Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio.

Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]