Saltar ao contido

Ferrari 125 F1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari 125 F1

Matriz Ferrari
Deseño Gioacchino Colombo, Valerio Colotti
Produción 1948-1950
Configuración
Carrozaría Monopraza de carreiras
Dimensións
Peso 710 kg.
Características técnicas
Motor 1.5 L Colombo s/c V12
Modelos relacionados
Sucesor Ferrari 275 F1
Rival Alfa Romeo 158, Maserati 4CLT Talbot T26C



Ver tamén Ferrari 125, un coche deportivo que compartía o mesmo motor

O 125 F1 foi o primeiro coche de Ferrari de Fórmula Un. Compartiu o seu motor co 125 S coche deportivo que o precedeu un ano antes, pero que foi desenvolvido ao mesmo tempo por Enzo Ferrari e o famoso deseñador, Gioacchino Colombo.

O 125 F1 tiña chasis de aceiro tubular e un motor V12 sobrealimentado de 1´5 litros, que rendía 230 cv de potencia a 7.000 rpm. Súa primeira carreira foi o XVIII Gran Premio de Italia, disputado o 5 de setembro de 1948, e tivo como piloto a Raymond Sommer quedando o 125 F1 na 3ª posición.

Para 1949, o motor foi modificado o que deu ao coche unha potencia de 280 cv a 8.000 rpm, garantindo ao modelo máis de 5 vitorias aquel ano con Alberto Ascari, Luigi Villoresi e Peter Whitehead O desenvolvemento continuou o ano seguinte, o compresor foi retirado en favor dun motor maior, o 275, proxectado por Aurélio Lampredi.

Xa no período da Fórmula 1 moderna, o modelo foi utilizado nas tempadas de 1950, 1951 e 1952 de F1. Foi pilotado por Alberto Ascari, Raymond Sommer, Gigi Villoresi, José Froilán González, Giuseppe Farina e Piero Taruffi.

O 125 F1 debutou no Valentino Grand Prix O 5 de setembro de 1948. Enviáronse tres coches, cos pilotos Príncipe Bira de Tailandia, Nino Farina e Raymond Sommer que quedou terceiro na carreira.

Vitorias
Data Lugar Piloto
24 de outubro de 1948 circuíto de Garda, Salò Giuseppe Farina
3 de xullo de 1949 Gran Premio de Suíza, Berna Alberto Ascari
31 de xullo de 1949 gran Premio de Zandvoort Luigi Villoresi
20 de agosto de 1949 Daily Express Trophy, Silverstone Alberto Ascari
11 de setembro de 1949 Gran Premio de Italia, Monza Alberto Ascari
25 de setembro de 1949 circuíto de Masaryk, Brno Peter Whitehead
13 de xullo de 1950 Jersey Road Race Peter Whitehead
12 de agosto de 1950 Ulster Trophy, Dundrod Peter Whitehead
1 de outubro de 1950 Interstate Race, Interlagos Francisco Landi
25 de xaneiro de 1951 Gran Premio de São Paulo Francisco Landi
20 de maio de 1951 Governador Noguera Garcez Race, Interlagos Francisco Landi
28 de xuño de 1951 Gran premio de Bõa Vista, Río de Xaneiro Francisco Landi

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8
1950 Ferrari 125 F1 1´5 V12 D RU MON 500 SUI BEL FRA ITA
Peter Whitehead NTS 3 7
P Luigi Villoresi Ret Ret 6
Alberto Ascari 2 Ret
Raymond Sommer 4
1951 Ferrari 125 F1 1´5 V12 D SUI 500 BEL FRA RU ALE ITA ESP
Peter Whitehead Ret Ret
P Ret
1952 Ferrari 125 F1 1´5 V12 D SUI 500 BEL FRA RU ALE NED ITA
Peter Whitehead 10 NSC

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]