Flandres (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O topómino Flandres pode referirse a:
- Flandres ou Países Baixos españois, nome dado aos Países Baixos españois en España.
- Flandres, rexión autónoma de Bélxica.
- Flandres Occidental, provincia de Bélxica.
- Flandres Oriental, provincia de Bélxica.
- Condado de Flandres, entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do reino de Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987). Independizouse deste reino en 1302, unídose ao Ducado de Borgoña en 1384; en 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549; desde 1713 a 1790 foi unha posesión austríaca e, en 1790, formou parte dos Estados Unidos de Bélxica; desaparercendo dedinitivamente en 1795 coa invasión francesa.
- Flandres francés, parte do antigo condado, anexionado por Francia en 1678. Na actuialidade é unha rexión non administrativa do noroeste da República francesa, fronteiriza con Bélxica, no departamento Nord.
- Flandres zelandés (ou celandés), a parte do antigo condado que se encontra hoxe no suroeste do reino dos Países Baixos, que comprende tres divisións administrativas (concellos) da provincia de Zelandia.
Nota: Historiograficamente é habitual designar xenericamente como Flandres a un amplo territorio correspondiente a grandes trazosa á zona da Europa Occidental denominada actualmente Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo), e a zonas limítrofes das actuais República Francesa e República Federal de Alemaña:
- a totalidade da zona setentrional do Estado Borgoñón (1363–1678).
- a totalidade dos Países Baixos dos Habsburgo (1477-1794).
- a totalidade dos Países Baixos españois (1555-1700).
- a totalidade dos Países Baixos austríacos (1714-1795).
- Véxase tamén: Westhoek.