Saltar ao contido

Fosa cubital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fosa do cóbado»)
Fosa cubital
Antebrazo.
Latín fossa cubitalis
Punción venosa na fosa cubital, practicando unha sangría.

A fosa cubital, tamén chamada fosa do cóbado, sangría ou sangradoiro, é unha zona anatómica situada entre o brazo e o antebrazo.

Situación e estrutura

[editar | editar a fonte]

Está situada por diante do cóbado e ten forma triangular, formada por dous músculos:

A base do triángulo é unha liña imaxinaria horizontal que pasa entre os epicóndilos medial e lateral (ou entre epicóndilo e epitrocleo segundo a denominación latina). O chan da fosa está formado polo músculo braquial anterior. O contido da fosa, de dentro a fóra é:

A arteria braquial adoita bifurcarse na arteria radial e na arteria cubital no vértice da fosa, índa que ás veces, a bifurcación prodúcese moito antes. Neste punto é no que se coloca o fonendoscopio para medir a presión arterial.

O nervio mediano sitúase por dentro da arteria braquial e sae da fosa entre as dúas porcións do músculo pronador redondo. Tanto a arteria coma o nervio están protexidos na parte de adiante da fosa pola aponeurose bicipital. É unha membrana delgada de tecido conxuntivo, que se estende entre a superficie medial ou interna do tendón do músculo bíceps braquial e a fascia fonda do antebrazo.

O nervio radial sitúase xusto por debaixo o bordo do músculo braquiorradial, que forma o bordo lateral da fosa. Nesta posición, o nervio radial divídese nunha póla superficial e noutra fonda:

O teito da fosa está formado pola fascia superficial e a pel. Por este teito discorre a vea mediana, que cruza diagonalmente a fosa para conectar a vea cefálica coa vea basílica. A aponeurose bicipital separa a vea mediana do cóbado da arteria braquial e do nervio mediano. Tamén se achan no teito os nervios cutáneo medial do antebrazo e cutáneo lateral do antebrazo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]