Francisco Lema Fuentes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) |
Alcalde de Corcubión | |
2008 – 2015 ← Rafael Mouzo – Manuel Ínsua Ínsua → | |
Alcalde de Corcubión | |
2003 – 2007 ← Rafael Mouzo – Rafael Mouzo → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Corcubión |
Ocupación | político, veterinario |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Francisco Javier Lema Fuentes, coñecido como Chisco, nado en Corcubión en 1964, é un veterinario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Carlos Lema Bermúdez, funcionario do concello de Corcubión. Veterinario de profesión e funcionario, foi xefe comarcal do Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia na área de Carballo.[1] Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura da AVIC (Agrupación Veciñal Independente de Corcubión) á alcaldía de Corcubión, que foi a candidatura máis votada, e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE.[2] Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG e foi a candidatura máis votada, porén non mantivo a alcaldía, dado a que o BNG se uniu co PPdeG. O 16 de abril de 2008 foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada logo da renuncia de Rafael Mouzo e da ruptura do pacto de goberno entre BNG e PPdeG. Nas municipais de 2011 volveu encabeza-la candidatura do PSdeG e foi reelixido alcalde. Non se presentou á reelección en 2015 e foi subsituído polo tamén socialista Manuel Ínsua Ínsua.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Rafael Mouzo |
Alcalde de Corcubión 2003 - 2007 |
Sucesor: Rafael Mouzo |
Predecesor: Rafael Mouzo |
Alcalde de Corcubión 2008 - 2015 |
Sucesor: Manuel Ínsua Ínsua |