Francisco Piñeiro Barreiro
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francisco Piñeiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1902 Bueu, España |
Morte | 26 de setembro de 1936 (33/34 anos) Ponte Sampaio, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Fariña |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Francisco Piñeiro Barreiro, coñecido como Fariña, nado en Bueu cara a 1902 e finado en Ponte Sampaio (Pontevedra) o 26 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante en Bueu. Na Segunda República, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Bueu e elixido tenente de alcalde.[1] Era o encargado da lonxa de Bueu e formou parte dun grupo de teatro local. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi o encargado de organizar a expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República. Foi detido e estivo preso na Normal de Pontevedra. Foi paseado en Ponte Sampaio o 26 de setembro de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 13-3-1936, p. 12.