Saltar ao contido

Freia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Freyja»)
Freia

Freia, tamén chamada Freyja é a deusa nórdica do amor e da fertilidade. Tamén é a muller do deus Óðr.

Existen dúas grafías para o nome desta deusa: “Freyja” e “Freya”, usadas indistintamente nas diferentes linguas xermánicas e escandinavas. En castelán, porén, a forma normalmente utilizada é a segunda, “Freya”. En galego, pódese utilizar a forma alternativa “Freia”, que respectando a fonética orixinal da palabra, adecúase máis a unha grafía propiamente galega. O seu nome significa “A Señora”.

Freia é, como tódolos Vanes, unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán Frey, deusa do amor. Así mesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as flores, as andoriñas, os cucos, as fadas e elfos, a música etc.

Tamén é unha gran maga, experta na lectura das runas máxicas, os transos e o lanzamento de conxuros, sabedoría que transmitiu ó resto dos deuses, e en particular, a Odín, a quen se di que lle ensinou a arte do Seidr. A estreita relación entre Odín e Freia queda máis patente aínda se temos en conta que esta última é tamén considerada líder das Valkyrias, e neste rol, repártese ás medias con Odín os heroes mortos en batalla, sendo polo tanto asociada tamén en certo modo á morte.

Xenealoxía

[editar | editar a fonte]

Filla do deus do vento e dos mares Njord e da xiganta Skadi, é irmá de Frey e a muller do seu amado, pero a miúdo ausente deus viaxeiro Orlorval.

Atributos

[editar | editar a fonte]

Freia, a fermosa deusa, é a miúdo representada cunha longa cabeleira loira, montada no seu carro tirado por dous gatos dos bosques (máis en concreto, gatos da raza chamada “Bosque de Noruega). O seu símbolo é o colar “Brisingamen”, forxado polos ananos con estrelas. Tamén é coñecida por chorar lágrimas de ouro que se transforman en ámbar, pedra que a simboliza e que, ademais, é denominada tamén “lágrimas de Freia”. Entre as súas posesións destaca, á parte do seu carro, un manto máxico de plumas que a converte en falcón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]