Saltar ao contido

Rata toupa damarense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fukomys damarensis»)
Fukomys damarensis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Bathyergidae
Xénero: 'Fukomys'
Especie: ''F. damarensis''
Sinonimia

Cryptomys damarensis

A rata toupa peluda, rata toupeira damarense ou rata toupa de Damara (Fukomys damarensis, Sin.: Cryptomys damarensis), tamén abreviado ás veces DMR polas súas siglas en inglés,[2] é unha especie de mamífero roedor da familia Bathyergidae. Esta rata toupa vive en túneles de Angola e Namibia (véxase Damaraland). Xunto coa rata toupeira espida, é un dos dous únicos mamíferos eusociais coñecidos, caracterizados por unha estrutura social complexa na cal só uns poucos individuos se reproducen e o resto da colonia desempeña funcións de coidado ou traballo.[3]

A especie foi descrita por primeira vez en 1838 polo naturalista irlandés William Ogilby.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A rata toupa damarense ten ollos pequenos, aínda que son cegos. Teñen patas pequenas, que se usan para empurrar os seus corpos a través dos tobos e túneles, e orellas debaixo da pel. As súas fosas nasais son pequenas e pódense obstruír ao escavar nos seus extensos sistemas de túneles.

Alimentación e estilo de vida

[editar | editar a fonte]

Boa parte da flora das rexións secas de Angola e Namibia, para sobreviviren, manteñen a maioría dos seus nutrientes nas raíces subterráneas. Estas son as raíces nas que as F. damarensis buscan o seu sustento, aínda que son moi escasas, polo que estes roedores poden camiñar durante quilómetros para atopalas; son capaces de dispersarse por longas distancias que superan os 4km, o que indica unha gran adaptabilidade e capacidade de exploración​.[4] Usan os seus dentes dianteiros para roer o chan e crear novos túneles.

Cando unha destas ratas toupa atopa unha raíz, pica nela e come só unha parte dela para que a planta non morra. Isto permítelle volver máis tarde, nas estacións secas.

Ademais, estudos sobre o comportamento no interior dos seus túneles revelan accións fascinantes como a realización de movementos ondulatorios co seu corpo, similares aos dun baile breakdance. Estas accións parecen ser desencadeadas por estímulos sensoriais específicos como vibracións e correntes de aire.[2]

  1. Child, M. F. y Maree, S. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. 2,0 2,1 Rodriguez-Wagner, Cristina (2021-07-16). "Decoding the Tunnel Behavior of Damaraland Mole-rats (Fukomys damarensis)". Electronic Theses and Dissertations. 
  3. M. Justin O'Riain; Chris G. Faulkes (2008). Judith Korb et Jürgen Heinze, ed. "African Mole-Rats: Eusociality, Relatedness and Ecological Constraints" (en inglés): 207–223. ISBN 978-3-540-75956-0. doi:10.1007/978-3-540-75957-7_10. Consultado o 9 de novembro de 2019. 
  4. Finn, Kyle T.; Thorley, Jack; Bensch, Hanna M.; Zöttl, Markus (2022). "Subterranean Life-Style Does Not Limit Long Distance Dispersal in African Mole-Rats". Frontiers in Ecology and Evolution 10. ISSN 2296-701X. doi:10.3389/fevo.2022.879014/full. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]