Saltar ao contido

Gabriel Marcel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Marcel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Gabriel Honoré Marcel Editar o valor en Wikidata
7 de decembro de 1889 Editar o valor en Wikidata
8.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de outubro de 1973 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
VII Distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Presidente Société des amis de Charles Du Bos (en) Traducir
1955 – 1973 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, músico, crítico literario, filósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoExistencialismo cristão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresColegio Maristas de San Isidro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosPaul Ricoeur Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
PaiHenry Marcel Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Frankfurter Personenlexikon (en) Traducir,
Enciclopedia soviética armenia, volume 7, (p.339) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1156061 Musicbrainz: b2779329-1cd7-4f06-8240-5ed02f15cd9e Editar o valor en Wikidata


Gabriel Marcel, nado en París o 7 de decembro de 1889 e finado o 8 de outubro de 1973, foi un filósofo francés. Mantiña que os individuos tan só poden ser comprendidos nas situacións específicas en que se ven implicados e comprometidos. Esta afirmación constitúe o eixo do seu pensamento, cualificado como existencialismo cristián ou personalismo. En 1969 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marcel perdeu á súa nai a unha idade moi temperá, o que lle deixou un profundo sentimento de perda. Foi educado nun ambiente de cariño, aínda que sufocante, pola súa avoa máis pola súa tía, converténdose esta última na súa madrasta.

No seu primeiro libro, Diario metafísico, Marcel abogaba por unha filosofía do concreto que recoñecese que a encarnación do suxeito nun corpo e a situación histórica do individuo condicionan en esencia o que se é en realidade.

Marcel distinguiu a reflexión primaria, que ten que ver cos obxectos e máis as abstraccións e acada a súa forma máis elevada na ciencia e na tecnoloxía, do seu propio método, a reflexión secundaria, que se ocupa daqueles aspectos da existencia humana, coma o corpo e a situación de cada persoa, nos que se participa de forma tan completa que o individuo non pode abstraerse dos mesmos. A reflexión secundaria contempla os misterios e proporciona unha especie de verdade (filosófica, moral e relixiosa) que non pode ser verificada mediante procedementos científicos, pero que é confirmada en tanto ilumina a vida de cada un.

Marcel, ao contrario que outros seguidores do existencialismo, fixo fincapé na participación nunha comunidade, no canto de denunciar o ontolóxico illamento humano. Non só expresou estas ideas nos seus libros, senón tamén nas súas obras de teatro, que presentaban situacións complexas onde as persoas víanse atrapadas e conducidas cara á soidade e a desesperación, ou ben establecían unha relación satisfactoria coas demais persoas e con Deus.

Defensor dos sublevados durante a guerra civil española, Albert Camus polemizou con el en varias cartas públicas onde denunciou as contradicións éticas da súa reflexión filosófica humanista.

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]