Saltar ao contido

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galicia 100»)


100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura
Tipoexposición temporal
PaísGalicia
Na rede
http://galicia100.consellodacultura.gal/
editar datos en Wikidata ]

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Inspirada en A History of the World in 100 Objects do British Museum, estivo comisariada por Manuel Gago Mariño e contou coa colaboración de Afundación e ABANCA.

O libro-catálogo, editado e presentado por Ramón Villares Paz e coordinado por Manuel Gago, inclúe unha fotografía de cada peza e un artigo sobre cada unha delas, de varios autores, entre eles: Felipe Criado Boado, Xurxo Ayán, Ermelindo Portela Silva, Henrique Monteagudo, Alfredo Erias, Anselmo López Carreira, Pegerto Saavedra, Francisco Díaz-Fierros, Anxo Angueira, Olivia Rodríguez, Pilar Cagiao, Henrique Alvarellos, Comba Campoy, Miguel Anxo Seixas Seoane, Xavier Queipo, María Luisa Sobrino, Xusto Beramendi, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Manoel Núñez Seixas, Ramón Máiz, Manuel Gago, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Xosé Ramón Pousa, Emilio Pérez Touriño e María Xosé Porteiro.[2]

Pezas da exposición

[editar | editar a fonte]
Imaxe Obxecto Procedencia Ficha
1 Ferramentas líticas de Porto Maior, As Neves Museo Provincial de Pontevedra ficha
2 Colar da Chousa Nova, Silleda Museo Provincial de Pontevedra ficha
3 Estela antropomórfica Museo Arqueolóxico da Coruña ficha
4 Vaso campaniforme, de Vilavella Univ. de Santiago de Compostela ficha
5 Machado de talón Museo Arqueolóxico da Coruña ficha
6 Muíño de man Museo Arqueolóxico da Coruña ficha
7 Espada tipo Isorna Museo Arqueolóxico da Coruña ficha
8 Puñal de antenas Museo do Castro de Viladonga ficha
9 Torque Museo Arqueolóxico da Coruña ficha
10 Dupondio da caetra Museo Provincial de Lugo ficha
11 Tabula hospitalis Museo Arqueolóxico de Ourense ficha
12 Lucerna Museo Provincial de Pontevedra ficha
13 Ara ao deus Berobreo, de Santo André do Hío Colección do Concello de Cangas ficha
14 Fotografía do Crismón de Quiroga [3]
(a imaxe da esquerda é dunha réplica)
Museo Diocesano de Lugo ficha
15 Fotografía de moeda do rei Requiario Staatliche Museen zu Berlin ficha
16 Lápida fundacional de San Pedro de Rocas Museo Arqueolóxico de Ourense ficha
17 Sarcófago de Martiño de Dumio Museu D. Diogo de Sousa ficha
18 Ara de San Paio San Paio de Antealtares ficha
19 Mapamundi do Beato Catedral de El Burgo de Osma ficha
20 Xugo Museo das Peregrinacións ficha
21 Xadrez de Rosendo Museo Catedralicio de Ourense ficha
22 Tesouro do bispo Gonzalo San Martiño de Mondoñedo ficha
23 Arcebispo Xelmírez no tombo de Toxos Outos Archivo Histórico Nacional ficha
24 Facsímile do Códice Calixtino Consello da Cultura Galega ficha
25 Foro do bo burgo de Castro Caldelas Fundación Casa de Alba ficha
26 Virxe abrideira de Allariz Museo de Santa Clara ficha
27 Santiago o Maior entre dous peregrinos orantes Museo das Peregrinacións ficha
28 Biblia Kennicott ficha
29 Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade Igrexa de S. Francisco, Betanzos ficha
30 Cadea "A Mariscala" de Pardo de Cela ficha
31 Descripción del Reyno de Galizia Museo do Pobo Galego ficha
page=2 32 Carta de Beatriz da Serra ao conde de Gondomar Real Biblioteca, Madrid ficha
33 Ferrado ficha
34 Morteiro de améndoas ficha
35 Fotografías de exvoto mural de 1606 Nosa Señora das Virtudes ficha
36 Autómatas de Domingo Martínez de Presa ficha
37 Fotografía de escudo heráldico Colexio da Purísima. Ourense ficha
38 Facistol ficha
39 Orza de botica ficha
40 Agulla náutica ficha
41 Campá ficha
42 Espadela ficha
43 Traxe de feira ficha
44 Ferramentas de canteiro e pedreiro ficha
45 Rede de pesca ficha
46 Ámboa ficha
47 El Catón Compostelano ficha
48 Canóns do Exército Francés ficha
49 Teodolito de Domingo Fontán Univ. de Santiago de Compostela ficha
50 Prensa do viño tostado ficha
51 Reloxo da catedral de Santiago de Compostela
(á esquerda o exterior do reloxo)
ficha
52 Cantares gallegos, de Rosalía de Castro ficha
53 Home clástico do Doutor Auzoux ficha
54 Herbario do Padre Merino ficha
55 Máquina de escribir colección particular ficha
56 Botella de Augas de Mondariz colección particular ficha
57 Gaita galega ficha
58 Discos de lousa ficha
59 Baúl de emigrante colección particular ficha
60 Himno galego ficha
61 Vida Gallega colección particular ficha
62 Proxector de cine de Barriga Verde colección particular ficha
63 Separador electromagnético de mineral ficha
64 Bandeira das Irmandades da Fala ficha
65 Sólidos cristalográficos de Haüy Univ. de Santiago de Compostela ficha
66 Latas de conservas Museo do Mar de Galicia ficha
67 Ulysses, de James Joyce Fundación Otero Pedrayo ficha
68 Ofrenda a San Ramón de Francisco Asorey ficha
69 El Pueblo Gallego ficha
70 Fotografía de refractor ecuatorial Univ. de Santiago de Compostela ficha
71 Nuestras fiestas de allá, de José Gil Centro Galego de Artes da Imaxe ficha
72 Cartel do Estatuto de Galicia de 1936, de Castelao ficha
73 Futbolín ficha
74 Picaña do Padornelo colección particular ficha
75 Autobús de liña ficha
76 Fotografía de bicicleta Delio colección particular ficha
77 Bandeira do Consello de Galiza ficha
78 Sempre en Galiza de Castelao colección particular ficha
79 Mosquetón Mauser de Foucellas Museo Militar Rexional da Coruña ficha
80 Pupitre escolar Museo Pedagóxico de Galicia ficha
81 Pote da queimada ficha
82 Bidón de leite Museo do Pobo Galego ficha
83 Máquina de coser Refrey colección particular ficha
84 Cámara fotográfica Yashica, de Virxilio Viéitez colección particular ficha
85 Emigrante de Luís Seoane ficha
86 Cartel do Cego Zago de Isaac Díaz Pardo colección particular ficha
87 Televisor de teleclub ficha
88 Arcón conxelador colección particular ficha
89 Vaixela de voda de Cerámica de Sargadelos ficha
90 Computador IBM 1130 Univ. de Santiago de Compostela ficha
91 Bata de GOA, dos anos 70 colección particular ficha
92 Petos de aforro colección particular ficha
93 Autopista, unha navallada á nosa terra, de L. Soler ficha
94 Tirador-esfinxe de Estrella Galicia ficha
95 Cartel do Referendo do estatuto de 1980 ficha
96 Cartel "Fálalle galego", de F. Mantecón e M. Janeiro ficha
97 Pelegrín ficha
98 Reixas do Pazo Baión ficha
99 Cartel de festas colección particular ficha
100 Xabarín ficha
  1. "100 Galicia cen". galicia100.consellodacultura.gal. 
  2. Villares Paz 2016.
  3. Igual que xa pasara na exposición Gallaecia Petrea, non se autorizou a saída da peza orixinal do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]