Saltar ao contido

Guipúscoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gipúscoa»)
Modelo:Xeografía políticaGuipúscoa
Gipuzkoa (eu) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°10′N 2°10′O / 43.17, -2.17
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco Editar o valor en Wikidata
CapitalDonostia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación726.033 (2021) Editar o valor en Wikidata (366,68 hab./km²)
Lingua usadalingua éuscara
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.980 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoAketegi (1.551 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDeputación Foral de Guipúscoa Editar o valor en Wikidata
• Deputado Xeral Editar o valor en WikidataEider Mendoza (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoXuntas Xerais de Guipúzcoa , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-SS Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES212 Editar o valor en Wikidata
Código INE20 Editar o valor en Wikidata

Páxina webgipuzkoa.eus Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575434
Provincia de Guipúscoa no País Vasco.

Guipúscoa[1] (en éuscaro e oficialmente: Gipuzkoa; en castelán: Guipúzcoa) é unha das tres provincias españolas que forman a comunidade autónoma do País Vasco, ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do País Vasco tradicional. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés), parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. A súa capital é Donostia.

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab./km²).

Localidades importantes

[editar | editar a fonte]

Ademais da capital provincial, na costa destacan Irún, Hondarribia, Pasaia e Zarautz, mentres que Arrasate, Tolosa, Errenteria, Bergara, Azpeitia e mais Éibar son poboacións importantes no interior do seu territorio.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Na zona litoral as montañas chegan até o mar. As rías son pouco profundas (Deba, Orio, Pasaia), excepto a do Bidasoa, que fai de fronteira con Francia. Na zona central hai unha rede de ríos á beira dos cales se sitúan os principais centros industriais. A zona sur é a máis montañosa e onde se erguen as cimas máis elevadas (Aizgorri, 1.544 m).

Vista de Getaria.

O clima é de tipo atlántico, con oscilacións de temperaturas non demasiado fortes, mais chuvia abundante e repartida durante todo o ano. En Donostia a temperatura media do mes máis frío é de 7,8 °C e a do máis cálido, de 15,1 °C. A media de precipitacións anual é de 1.506 mm. En consonancia, a vexetación é atlántica, con faias, carballos e grande abundancia de pradeiras.

Macizo do Aizkorri desde Urbia.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía guipúscoana caracterízase polo seu forte desenvolvemento da industria, pero, ao contrario que Biscaia, que se desenvolveu a partir da industria pesada siderúrxica, Guipúscoa puxo en marcha unha industria lixeira diversificada sen perder. As industrias principais son a metalúrxica, a téxtil, a de fabricación de armas e a das artes gráficas. A agricultura consiste, sobre todo, na obtención de forraxes para a gandaría bovina, que abastece a importantes empresas alimentarias. No litoral é moi importante a pesca (Pasaia é o porto pesqueiro máis importante), así como o turismo.

A rede de estradas e de ferrocarrís está ben desenvolvida. Hai aeroporto en Hondarribia.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guipuscoano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]