Gran Guerra Patria
O termo Gran Guerra Patria ou Gran Guerra Patriótica (ruso: Вели́кая Оте́чественная война́, Velikaya Otechestvennaya voyna[1]) é utilizado en Rusia e outros estados sucesores da Unión Soviética (excepto aqueles que forman parte da OTAN) para referirse ao conflito que tivo lugar entre o 22 de xuño de 1941 e o 9 de maio de 1945 en todas as frontes da Fronte Oriental da segunda guerra mundial, entre a Unión Soviética e o Terceiro Reich e os países do Eixo.
A Gran Guerra Patria conmemorase desde o 11 de maio de 1945 incluíndo tamén a fin da Ofensiva de Praga.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O termo Guerra Patria refírese á resistencia rusa á invasión do Imperio Ruso por parte das tropas do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte, que pasou a ser coñecido como Guerra Patria de 1812. En ruso, o termo "отечественная война" orixinalmente refírese á guerra dentro do propio territorio (otechestvo significa "a Patria"), oposto ás campañas no estranxeiro (заграничная война),[3] e máis tarde interpretado como a guerra pola Patria. Ás veces, a Guerra Patria de 1812 é coñecida como a Gran Guerra Patria (Великая отечественная война); a frase apareceu por primeira vez pouco despois de 1844[4] e fíxose popular na véspera do centenario da guerra de 1812.[5]
Despois de 1914, a frase utilizouse para referirse á primeira guerra mundial.[6] Foi o nome dun suplemento especial de guerra da revista Teatro e Vida (Театр и жизнь) en Petrogrado, e referíase á Fronte Oriental da primeira guerra mundial, onde Rusia loitou contra o Imperio Alemán e o Imperio Austrohúngaro.[6] As frases Segunda Guerra Patria (Вторая отечественная война) e Gran Guerra Mundial da Patria (Великая всемирная отечественная война) tamén foron utilizados durante este período en Rusia.[6]
O termo Gran Guerra Patriótica reapareceu no xornal soviético Pravda o 23 de xuño de 1941, xusto o día despois que que tivera lugar a Operación Barbarroxa por parte do exército nazi. Apareceu baixo o título A Gran Guerra Patriótica da xente sovética(Velikaya Otechestvennaya voyna sovetskogo naroda), nun longo artigo de Yemelyan Yaroslavsky, membro colexiado de editores de Pravda.[6] A frase pretendía motivar á poboación a defender á Patria soviética e repeler ao invasor; facer referencia así á Guerra Patriótica de 1812 supuxo un grande impulso para a moral.
O 20 de maio de 1942, creouse a Orde de Gran Guerra Patria, que outorgábase por feitos heroicos.
Uso
[editar | editar a fonte]O termo non foi moi utilizado fora do territorio da Unión Soviética. Hai unha diferenza significativa entre utilizar Gran Guerra Patria e Segunda Guerra Mundial, xa que o termo soviético non inclúe o período no que a URSS era aliada da Alemaña Nazi e invadiu seis países europeos (Polonia, Finlandia, Países Bálticos e Besarabia).[7] O termo tampouco fai referencia a invasión soviética de Irán en 1941 xunto a Gran Bretaña, a guerra do Pacífico contra o Xapón (que inclúe a Guerra sino-soviética de 1945) nin a Fronte Occidental.[2]
O 9 de abril de 2015 o Parlamento de Ucraína substituíu o termo Gran Guerra Patriótica por segunda guerra mundial,[8] como parte dun conxunto de leis descomunizadoras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ azarí: Бөјүк Вәтән мүһарибәси; belaruso: Вялікая Айчынная вайна; estoniano: Suur Isamaasõda; armenio: Մեծ Հայրենական պատերազմ; xeorxiano: დიდი სამამულო ომი; casaco: Ұлы Отан соғысы; kirguiz: Улуу Ата Мекендик согуш; lituano: Didysis Tėvynės karas; letón: Lielais Tēvijas karš; Modelo:Lang-mo; taxico: Ҷанги Бузурги Ватанӣ; turcomán: Бейик Ватанчылык уршы; tártaro: Бөек Ватан сугышы, ucraíno: Велика Вітчизняна війна, Velyka Vitchyznyana viyna'; uzbeko: Улуғ Ватан уруши
- ↑ 2,0 2,1 Federal Law № 5-ФЗ, 12 January 1995, "On Veterans"
- ↑ Por exemplo, nos libros publicados pouco despois do evento, a guerra foi nomeada como "Письма русского офицера о Польше, Австрийских владениях, Пруссии и Франции, с подробным описанием похода Россиян противу Французов в 1805 и 1806 году, также отечественной и заграничной войны с 1812 по 1815 год..." (Fyodor Glinka, Moscova, 1815–1816; o título traduciríase como "Cartas dun Oficial ruso en Polonia, os dominios Austríacos, Prusia e Francia; cunha detallada descrición da campaña rusa contra os franceses en 1805 e 1806, e tamén a guerra Patria e estranxeira de 1812 a 1815..." en: A. Herzen, Letters from France and Italy, 1847-1851, University of Pittsburgh Press, 1995, p. 272).
- ↑ Pode atoparse no ensaio de Vissarion Belinsky "Russian literature in 1843" first printed in magazine Otechestvennye Zapiski, vol. 32 (1844), see page 34 of section 5 "Critics" (each section has its own pagination).
- ↑ Por exemplo, moitos libros incluían a frase nos seus títulos como: П. Ниве, Великая Отечественная война. 1812 годъ, М., 1912; И. Савостинъ, Великая Отечественная война. Къ 100-лѣтнему юбилею. 1812—1912 г., М., 1911; П. М. Андріановъ, Великая Отечественная война. (1812) По поводу 100-лѣтняго юбилея, Спб., 1912.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 The dictionary of modern citations and catch phrases by K. V. Dushenko, 2006. (en ruso)
- ↑ Davies, Norman (2006). "Phase 1, 1939-1941: the era of the Nazi-Soviet pact". Europe at War 1939–1945: No Simple Victory. London: Macmillan. pp. 153–155. ISBN 9780333692851. OCLC 70401618.
- ↑ Ukraine Purges Symbols of Its Communist Past, Newsweek, (10 April 2015)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |