A tempada 1997-1998 da Heineken Cup foi a 3ª edición da máxima competición continental do rugby europeo. Nesta edición foron 20 os equipos participantes, divididos en 5 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, os primeiros de cada grupo pasan a cuartos de final, e os mellores segundos e o mellor terceiro enfrontáronse nunha eliminatoria previa ós cuartos de final en partido único.
Nesta 3ª edición do torneo participaron 4 equipos franceses, 4 ingleses, 4 galeses, 3 irlandeses, 3 escoceses e 2 italianos.
Os 5 equipos que remataron primeiros nos seus grupos clasificáronse para cuartos de final. Ademais os 5 equipos que remataron na segunda posición e o mellor terceiro clasificáronse para xogar unha rolda previa ós cuartos de final. Os resultados desta rolda previa foron:
Os equipos que xogaron como locais foron os que máis puntos obtiveron nos seus grupos, ou no caso de haber empate aplicouse o criterio de ensaios a prol ou diferenza entre puntos anotados e encaixados. Nas semifinais aplicouse o mesmo criterio para decidir que equipo xogaba como local. A final xogouse o 31 de xaneiro do 1998 no Parc Lescure de Bordeos diante de 36.500 persoas. Bath Rugby coroóuse como terceiro Campión de Europa.