Holanda Setentrional
Noord-Holland (nl) | |||||
Himno | Ik houd van het groen in je wei (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Holanda | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Capital | Haarlem | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.813.466 (2017) (687,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.091,76 km² | ||||
Bañado por | Mar do Norte, Mar de Wadden, IJsselmeer (pt) e Markermeer | ||||
Punto máis alto | Catrijper Nok (en) (55,4 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1840 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Provincial Executive of North Holland (en) | ||||
• King's Commissioner of North Holland (en) | Arthur van Dijk (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | NL-NH | ||||
Código NUTS | NL32 | ||||
Páxina web | noord-holland.nl | ||||
Holanda do Norte (neerlandés: Noord-Holland) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Está situada no noroeste do país e a súa capital provincial é de Haarlem. A cidade máis importante da rexión, e capital do país, é Ámsterdan.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Holanda Setentrional é unha gran península entre o Mar do Norte e o IJsselmeer. Máis da metade da provincia consiste en terras gañadas ao mar, ou pólder, situadas baixo o nivel do mar.
As cidades máis grandes da provincia son Ámsterdan, Haarlem, Hilversum, Den Helder, Alkmaar, Zaandam e Hoorn. A illa de Texel é tamén parte de holanda Setentrional, e ten invitado ás illas de Bonaire, Saba e Santo Eustaquio nas Antillas Neerlandesas para que formen parte do Estado, máis ningunha decisión se ten tomado até o momento.
Holanda Setentrional constitúe unha rexión do sistema de códigos da Organización Internacional para a Estandarización, co código ISO 3166-2: NL-NH.
Historia
[editar | editar a fonte]As provincias de Holanda Setentrional e Holanda Meridional naceron en 1840 da división da antiga provincia de Holanda. En 1940 cedeu as illas de Vlieland e Terschelling á provincia de Frisia. En 1950, a antiga illa de Urk cedeuse á provincia de Overijssel. Na época das Provincias Unidas, a provincia de Holanda recibía o nome de provincia de Holanda e Frisia Occidental, en referencia á conquista desa parte de Frisia na Idade Media. O escudo de Holanda Setentrional aínda consiste nas armas de Holanda e Frisia combinadas.
Municipios
[editar | editar a fonte]Holanda Setentrional divídese en 48 municipios:
1 Municipios de Frisia Occidental
Frisia Occidental
[editar | editar a fonte]Frisia Occidental é unha rexión de Holanda Setentrional (non da provincia de Frisia). Componse dos municipios de Alkmaar, Andijk, Drechterland, Enkhuizen, Harenkarspel, Heerhugowaard, Hoorn, Langedijk, Medemblik, Niedorp, Noorder-Koggenland, Obdam, Opmeer, Schagen, Stede Broec, Wervershoof, Wester-Koggenland e Wognum.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Holanda Setentrional |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Sitio Web da provincia (en neerlandés)
- Información básica
- Mapa da provincia cos seus municipios e ligazóns de cada un a unha páxina con información básica
- Oficina provincial de turismo (en inglés)
- Haarlem Shuffle Sitio con información en inglés sobre a capital provincial de Holanda Setentrional