Saltar ao contido

Imperio Austríaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Imperio austríaco»)
Modelo:Xeografía políticaImperio Austríaco
Kaiserthum Österreich (de) Editar o valor en Wikidata

HimnoGott erhalte Franz den Kaiser (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°12′N 16°21′L / 48.2, 16.35
CapitalViena Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación21.200.000 (1804) Editar o valor en Wikidata (30,34 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie698.700 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación11 de agosto de 1804 Editar o valor en Wikidata
Disolución8 de xuño de 1867 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porImperio Austrohúngaro Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta Editar o valor en Wikidata
• Imperador da Áustria (pt) Traducir Editar o valor en WikidataFrancisco I de Austria (1804–1835) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConselho Imperial (Áustria) (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaTálero Editar o valor en Wikidata

O Imperio Austríaco foi fundado en 1804 como reacción á creación do Primeiro Imperio Francés baixo Napoleón I. O primeiro emperador de Austria foi Francisco I, tamén ostentando o título de emperador Sacro-Romano co nome de Francisco II. Máis tarde abdicaría deste cando o imperio foi abolido na reorganización napoleónica de Alemaña en 1806.[1] Para manter o seu título imperial elevou a Austria da categoría de arquiducado á de imperio.

O Imperio Austríaco formou parte da Confederación Xermánica a partir de 1815, cando o Congreso de Viena restableceu as fronteiras de Europa despois da derrota de Napoleón I e reorganizou a forma e ideoloxía políticas do Antigo Réxime.

Tras varios intentos errados de reforma constitucional, o Imperio Austríaco transformouse no Imperio Austrohúngaro como consecuencia directa da derrota sufrida na guerra das Sete Semanas e grazas ao Compromiso austrohúngaro de 1867 baixo o reinado de Francisco Xosé I de Austria, outorgando igualdade de status aos territorios húngaros.

Países do Imperio Austríaco

[editar | editar a fonte]
A Coroa Imperial, antiga propiedade de Rodolfo II

Economía

[editar | editar a fonte]

Situación en Hungría

[editar | editar a fonte]

Até a revolución de 1848 os únicos propietarios da terra eran os nobres.[2] A reforma agraria de 1852-1853 por parte da coroa tratou de crear unha nova clase social de campesiños propietarios na que apoiarse fronte á nobreza maxiar[3] A reforma foi, con todo, un fracaso.[3] As novas posesións eran, en xeral, demasiado pequenas para sustentar ao campesiñado que, sen experiencia no mercado, sen crédito accesible e debido á depresión agrícola de finais do XIX viuse abocada a vender as súas propiedades aos terratenentes e volver a unha situación de dependencia moi semellante á anterior á reforma.[3]

  1. "Os novos Estados e o Sacro Imperio". Deutsche Welle 28.08.2006 (en español). 2006. Consultado o 07/10/2007. 
  2. Macartney, p. 578
  3. 3,0 3,1 3,2 Macartney, p. 579

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]