Jacobo Buceta
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 Vigo |
País de nacionalidade | Galego |
Actividade | |
Ocupación | Xornalista, Escritor |
Jacobo Buceta, nado en Vigo en 1975, é un xornalista de radio e televisión e escritor galego.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Jacobo Buceta naceu en Vigo en 1975 despois de que os seus pais, de Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa, se mudasen á cidade olívica.
En 1998 comezou a traballar para Radio Vigo, a emisora local da Cadena SER na cidade. No ano 2000 comezou a narrar as retransmisións deportivas do Real Club Celta de Vigo na mesma emisora. En 2008 pasa a dirixir o programa magazín Hoy por Hoy na súa edición de Vigo. Tamén colabora co programa deportivo Carrusel Deportivo coma comentarista de fútbol.
Desde 2006 presenta o programa Área de Juego en Localia Televisión.
Obras
[editar | editar a fonte]- Fútbol es fútbol (2012). Vigo: Xerais. 320 páxinas, ISBN 9788499144382
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jacobo Buceta". Editorial Xerais. Consultado o 6 de agosto de 2022.