Saltar ao contido

Jean René Constant Quoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean René Constant Quoy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1790 Editar o valor en Wikidata
Maillé, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1869 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Rochefort, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole de médecine navale de Rochefort Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico militar, ictiólogo, entomólogo, explorador, anatomista, cirurxián, ornitólogo, malacólogo, botánico, zoólogo, médico naval (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaQuoy Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaQuoy Editar o valor en Wikidata
Premios

Jean René Constant Quoy, nado en Maillé, preto de Maillezais (Vendée) o 10 de novembro de 1790 e finado en Rochefort (Charente Marítimo) o 4 de xullo de 1869, foi un naturalista, zoólogo e cirurxián de a bordo francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na Escola de Medicina Naval de Rochefort en 1806, e ao ano seguiente xa era cirurxián auxiliar de terceira clase. Comezou a servir na corveta Le Département des Landes e pasou, en 1810, a Le Jemmapes. En 1811 era cirurxián de terceira clase, e en 1812 de segunda. Obtivo o seu doutoramento en medicina en Montpellier en 1814, cunha tese titulada Epistola dominae G. de nonnulis pavoris effectibus.[1] En 1815, actauba no Hospital Marítimo de Rochefort.

Serviu como naturalista e cirurxián maior ás ordes de Joseph P. Gaimard (1796-1858) a bordo da corveta L’Uranie ao mando do capitán Louis Claude des Saulses de Freycinet (1779-1842), realizando unha viaxe de circunnavegación comezada o 17 de setembro de 1817 cambianado logo á La Physicienne, o 9 de novembro de 1820 . De volta no Hospital de Rochefort, escribiu un informe da expedición.

En 1821, era xa cirurxián de primeira clase. En 1824, foi profesor de anatomía na Escola de Medicina Naval de Rochefort e, en 1825, foi feito cabaleiro da Lexión de Honor. Partiu de novo a bordo do buque L’Astrolabe baixo a comandancia de Jules Dumont d'Urville. A súa seguinte viaxe por todo o mundo comezou o 25 de abril de 1826 , regresando en 1829. Ao seu retorno ao Hospital de Rochefort, comezou a traballar nun novo resumo da viaxe.

En 1830, foi nomeado membro correspondente da Academia das Ciencias francesa. En 1835, foi primeiro médico en xefe do Hospital Marítimo de Toulon, sendo transferido a Brest en 1838. En 1848 foi nomeado oficial da Lexión de Honor, e comandante en 1852. En 1848 foi designado inspector xeral do Servizo de Saúde da Mariña, xubilándose en 1858.

Epónimos

[editar | editar a fonte]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Quoy emprégase para indicar a Jean René Constant Quoy como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

  1. "Lettre à Madame G. sur quelques effets de la peur" ("Carta á señora G. sobre algúns efectos do medo").

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]