Saltar ao contido

Joaquín García Díez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Joaquín María García Díez»)
Modelo:BiografíaJoaquín García Díez
Biografía
Nacemento(es) Joaquín María García Díez Editar o valor en Wikidata
16 de setembro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Partido Popular

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
13 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
18 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
5 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
1 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
24 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
23 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Alcalde de Lugo
1995 – 1999
← Tomás Notario VacasXosé Clemente López Orozco → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, biólogo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

Sitio webjoaquingarciadiez.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: JoaquinGarciaDiez Twitter: Quin1954 Instagram: joaquingarciadiez Editar o valor en Wikidata

Joaquín María García Díez, nado o 16 de setembro de 1954 en Ferrol, é un político e biólogo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Papeleta das Xerais de abril de 2019.

Licenciado en Bioloxía e militante do Partido Popular de Galicia, comezou a súa carreira como director do Instituto Lucense para o Desenvolvemento Económico e Social.

En 1990 deu o salto á administración autonómica ao ocupar a secretaría xeral da consellería de Agricultura durante un ano.[1] En 1991 presentouse como candidato a concelleiro dentro das listas municipais do PPdeG en Lugo, saíu elixido e encargouse da primeira tenencia de alcaldía no equipo de Tomás Notario Vacas.[2] Nas municipais de 1995 encabezou a lista do PPdeG e conseguiu a alcaldía con maioría absoluta da cidade das murallas, posto que ocupou durante catro anos.[2]

En 1999 abandonou o cargo e foi substituído polo seu concelleiro Ramón Arias Roca nas listas electorais e polo socialista Xosé Clemente López Orozco na alcaldía. Regresou á administración autonómica como secretario xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ata 2004, data en que concorreu como segundo candidato do PPdeG ás xerais de 2004. Saíu elixido deputado no Congreso e en 2008 presentouse á reelección, desta volta como cabeza de lista dos populares. Saíu elixido de novo, ao igual que en 2011. En 2015 volveu figurar como cabeza de lista dos populares ao Congreso dos Deputados e, de novo, foi deputado en 2019.

En 2023 abandonou a política.[3]

  1. Rodríguez, Juan Carlos (27 de abril de 2024). "Joaquín García Díez “No comparto las formas de la política actual”". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Uz, Carmen (5 de maio de 2024). ""Me hubiera gustado acabar lo que empecé, pero lo digo sin rencor, la decisión fue mía"". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2024. 
  3. Redacción. "Preparan un homenaje al exalcalde de Lugo y exdiputado Joaquín García Díez". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Tomás Notario Vacas
 
Alcalde de Lugo
 
1995-1999
Sucesor:
Xosé Clemente López Orozco