Saltar ao contido

Julius Deutsch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulius Deutsch

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1884 Editar o valor en Wikidata
Lackenbach, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xaneiro de 1968 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Grinzing, 1/9 Editar o valor en Wikidata
Membro do Consello Nacional de Austria
Membro do Consello Nacional de Austria

Membro do Consello Nacional de Austria

Membro do Consello Nacional de Austria

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialdemócrata de Austria Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdrienne Thomas Editar o valor en Wikidata

Discogs: 2037405 Editar o valor en Wikidata

Julius Deutsch, nado o 2 de febreiro de 1884 en Lackenbach (Austria-Hungría) e finado o 17 de xaneiro de 1968 en Viena (Austria), foi un político membro do Partido Socialdemócrata de Austria, parlamentario entre 1920 e 1933, e cofundador e dirixente da milicia socialdemócrata Republikanischer Schutzbund ("Asociación Republicana de Defensa").

A súa vida

[editar | editar a fonte]

Julius Deutsch fundou o Schutzbund en 1923, como resposta á organización paramilitar Heimwehr ("milicias populares"), que mantiña unha relación ideolóxica co Partido Social Cristián. Foi o seu dirixente ata a súa destrución en 1934.

Os membros do Schutzbund foron recrutados fundamentalmente fóra do Deutschösterreichische Volkswehr (milicias populares xermano-austríacas).[1]

Despois da derrota da Garda Republicana durante a guerra civil austríaca de 1934 e a posterior prohibición dos socialdemócratas, fuxiu á cidade de Brünn, en Checoslovaquia.

Desde 1936 ata 1939, Deutsch loitou como xeneral das tropas republicanas na Guerra Civil Española.

En 1939 marchou a París e traballou para na representación estranxeira dos socialistas austríacos (AVOES). Despois da ocupación de Francia pola Alemaña nazi, Deutsch, que era xudeu, tivo que emigrar outra vez, esta vez aos Estados Unidos de América, ata a súa volta a Austria en 1946.

Deutsch foi tamén o presidente da Confederación Deportiva Internacional do Traballo.[2]

En 1951 Deutsch casou coa escritora Adrienne Thomas, con quen conviviu ata a súa morte, en Viena, o 17 de xaneiro de 1968.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Yidishe Bilder número 13 (1937). Citado in Ghetto Fighters' House archives.
  2. Wheeler, Robert F.