Kunpengopterus
Aparencia
Kunpengopterus Rango fósil: 154 Ma ¿Xurásico Medio? - Xurásico Superior | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Espécime de K. sinensis. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Kunpengopterus sinensis Wang et al., 2010 |
Kunpengopterus é un xénero de pterosauro do Xurásico descuberto na Formación Tiaojishan do nordeste da China. O xénero conta con dúas especies, a especie tipo K. sinensis, e K. antipollicatus.
Kunpengopterus é coñecido a partir do holotipo IVPP V16047, un esqueleto case completo cun cranio e mandíbula inferior recuperados de rochas da formación Tiaojishan ou os Lechos Daohugou en Linglongta, condado de Jianchang, no oeste de Liaoning. A idade destas capas é debatida. Este fósil comprimido é dun individuo adulto. Ademais dos ósos, algunhas partes brandas foron tamén preservadas e os restos dun posible peixe regurxitado.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wang, Xiaolin; Kellner, Alexander W.A.; Jiang, Shunxing, Cheng, Xin, Meng, Xi e Rodrigues, Taissa (2010). "New long-tailed pterosaurs (Wukongopteridae) from western Liaoning, China" (PDF). Anais da Academia Brasileira de Ciências 82 (4): 1045–1062.