Kurtis Kraft
Nome completo | Kurtis Kraft |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Glendale (California) |
Tempadas en activo | 11 (1950 - 1960) |
Número de pilotos | |
Debut | 500 Millas de Indianápolis de 1950 |
Carreiras | 11 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 5 |
Pole positions | 6 |
Voltas Rápidas | 7 |
Puntos totais | 129 |
Derradeiro GP | 500 Millas de Indianápolis de 1960 |
Kurtis Kraft era o nome da empresa de deseño e construción de coches de carreiras fundada por Frank Kurtis.
Historia
[editar | editar a fonte]Kurtis Kraft deseñaba e construía Midget cars (unha especie de karts ou coches de autocros populares en USA) e monoplazas de competición, participando con éxito nas 500 millas de Indianápolis e na Fórmula 1 entre outros. Os primeiros deseños foron feitos cara a finais dos anos 30, tratándose duns "Midget cars" que se converteron nas primeiras construcións feitas totalmente por Kurtis Kraft. Xa nas décadas seguintes especializouse na construción de coches de carreiras realizados con fibra de vidro, chegando a realizar ata 500 coches preparados para participar na Indy 500. A súa combinación cos motores Offenhauser foi moi efectiva, realizando un binomio moi difícil e bater e que conquistou moitos triunfos importantes. Xa nos anos 60 vendeu o negocio a outros construtores.
Na F1
[editar | editar a fonte]Participou só nas carreiras de Indianápolis. (de 1950 a 1960)
Outros
[editar | editar a fonte]Frank Kurtis foi a primeira persoa que non sendo piloto viu inscrito o seu nome no Hall of Fame do Motor dos Estados Unidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kurtis Kraft |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2012.) |