Límite de escoamento
Tensión de Cedencia, tamén chamada tensión de escoamento , é a tensión máxima que o material soporta aínda no réxime elástico de deformación, se houber algún aumento de tensión o material non segue mais a lei de Hooke () e comeza a sufrir deformación plástica (deformación definitiva).
1: Límite elástico verdadeiro: é o punto no que comezan as dislocacións no material, difícil de determinar e pouco usado
2: Límite de proporcionalidade: Punto a partir do cal o comportamento do material deixa de ser linear
3: Límite Elástico: a partir de aquí o material presentará deformación permanente cando se retire a tensión aplicada
4: Límite do 0.2%: é un límite arbitrario pero é o máis utilizado pola facilidade da súa obtención e porque pese a non representar unha verdadeira transición no material é útil para realizar cálculos.